Archive for » Outubro, 2014 «

Xoves, Outubro 23rd, 2014 | Author:

P1070585
Onte fomos os de Infantil e 5º a ver a casa de Pepe. Como nestes últimos anos, Pepe e Pili amosáronnos a súa incribe finca. Castiñeiros, árbores froiteiras, composteiro, horta,… Este ano Pepe non estaba e recibiunos Pili. Houbo dúas novidades: que había catro colmeas de abellas e a degustación de mel. Conforme iamos vendo toda a xiada finca e mirando os froitos do outono, cogomelos incluídos, iámonos achegando ás catro colmeas que están ao fondo da finca. Os rapaces e rapazas do colexio quedaron a unha distancia de seguridade e non houbo ningún problema. Logo volvemos polos nosos pasos, como dando un repaso, e degustamos o mel das abellas que acababamos de ver debaixo da sombra dun castiñeiro, un luxo. Pili tiña preparadas varias cuncas coas dúas variedades de mel que producen as súas abellas. Os nenos e nenas tiñan fame, notábase, e comeron mel e galletas dabondo ademais das súas merendas. Tamén tiña Pili preparada unha cesta de froitos de outono que se producen na súa finca e que trouxemos para o cole. Logo do abundante almorzo fomos ver o xardín e ao lado da horta collemos castañas do chan que aínda estaban nos ourizos para o noso magosto. Un diazo. Acompañounos o bo tempo. Ata o vindeiro outono do vindeiro  curso.

 

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | 7 Comments
Xoves, Outubro 09th, 2014 | Author:

Minirrecanto-laboratorio da aula de 5º

Aínda que non sabemos certo que este curso se vai celebar, estamos preparando cousas para Pontenciencia. Si, xa estamos. Se non se celebra o acumulado e sabido polos nenos e nenas non é traballo en balde. Que preparamos para este ano?

Pois algo moi sinxelo: un cultivo de “protozoos” visto polo microscopio. O obxectivo deste ano e descubrir o enorme submundo microscópico, cousa que en Holanda xa saben desde finais do século XVII. Logo o francés Luis Pasteur descubriu que a orixe das enfermidades contaxiosas eran os microbios. E logo a moderna medicina e biolóxía investigou todo o que se sabe. Temos na clase un microscopio tan potente como o de Pasteur e imos mirar e comprobar que existe esa vida microscópica por medio de un cultivo de protozoos (seres vivos microscópicos). De aí desencadearemos un feixe de ensinanzas: A hixiene persoal e do fogar, as enfermidades contaxiosas co tema de actualidade, o contaxio do ébola, os iogures, o viño, o composteiro, etc. Así o camiño cara a formación biolóxica quedará aberto.

Como imos facer un cultivo? O primeiro día de clase o profe levounos a debuxar. Polo camiño recollimos follas  e herbas secas que na clase deixamos nun recipiente con auga durante uns días. Cal é o propósito de todo disto. Pois que os microorgnismos que hai no cultivo teñan alimento e se reproduzan tanto, que sen esforzo se vexan movéndo polo ocular do microscopio. Así é como observaremos e comprobaremos que hai vida microscópica.

 

Category: proxectos  | 5 Comments