Xoves, Outubro 23rd, 2014 | Author:

P1070585
Onte fomos os de Infantil e 5º a ver a casa de Pepe. Como nestes últimos anos, Pepe e Pili amosáronnos a súa incribe finca. Castiñeiros, árbores froiteiras, composteiro, horta,… Este ano Pepe non estaba e recibiunos Pili. Houbo dúas novidades: que había catro colmeas de abellas e a degustación de mel. Conforme iamos vendo toda a xiada finca e mirando os froitos do outono, cogomelos incluídos, iámonos achegando ás catro colmeas que están ao fondo da finca. Os rapaces e rapazas do colexio quedaron a unha distancia de seguridade e non houbo ningún problema. Logo volvemos polos nosos pasos, como dando un repaso, e degustamos o mel das abellas que acababamos de ver debaixo da sombra dun castiñeiro, un luxo. Pili tiña preparadas varias cuncas coas dúas variedades de mel que producen as súas abellas. Os nenos e nenas tiñan fame, notábase, e comeron mel e galletas dabondo ademais das súas merendas. Tamén tiña Pili preparada unha cesta de froitos de outono que se producen na súa finca e que trouxemos para o cole. Logo do abundante almorzo fomos ver o xardín e ao lado da horta collemos castañas do chan que aínda estaban nos ourizos para o noso magosto. Un diazo. Acompañounos o bo tempo. Ata o vindeiro outono do vindeiro  curso.

 

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

7 Responses

  1. 1
    Uxía 5º 

    Pasámolo xenial. Primeiro miramos o xardín despois invitounos a tomar mel e galletas. Máis tarde miramos o xardín de arriba da casa de Pepe e por último collemos castañas. ENCÁNTOUNOS .

  2. 2
    Martín 1º ESO 

    Que ben o pasades! É verdade que a casa de Pepe ten moitas cousas.

  3. 3
    Cristina 5º 

    QUE BONITA É A CASA DE PEPE! ENCÁNTAME!

  4. 4
    Cristina 5º 

    PASÁMOLO XENIAL. ESTOU DESEXANDO VOLVER.

  5. 5
    Laura 5º 

    O que mais me gustou foi probar o mel da súa propia casa.A verdade é que estaba moi bo, encantoume foi o mellor día da miña vida

  6. 6
    Paula 5º 

    A casa de Pepe e de Pili foi unha pasada a verdade e que me gustou, é unha casa completa

  7. 7
    Soraya 5º 

    Gustoume moito porque aprendín nomes de árbores que non coñecía, vin un cogomelo e ao final probei mel que facían as abellas.