Archive for » Novembro, 2014 «

Domingo, Novembro 30th, 2014 | Author:

Vai ser a derradeira poesía en castelán deste curso. Ven desde o outro lado do océano. Está construída con 14 pareados. É moi antiga e famosa no mundo enteiro. Aquí vos deixo esta poesía usada como letra de canción. Que a disfrutedes.

Category: Sen categorizar  | 2 Comments
Mércores, Novembro 26th, 2014 | Author:
P1080190
Onte, día 25 de novembro de 2014, os de 3º 4º e 5º fomos ao monte de Montecelo. Primeiro fomos á biblioteca do cole ás 10:20  e asistimos a unha charla de Amancio da Asociación micolóxica Brincabois sobre os cogomelos. Logo fixémoslle preguntas e ao final fomos ao monte. Este ano fomos a un lugar diferente de Montecelo, na “estrada das Antenas”. Os monitores foron Amancio e mais Jaime. O entorno era de castiñeiros e o máis interesante era estar rodeados de outono. Todo o terreo do monte estaba cuberto  e o sol filtrábase polas follas de cor castaño-verde que aínda quedaban nas polas: o outono.
O profe organizounos en grupos de tres,  avisándonos de que non tocaramos nada e que se atopabamos algo chamáramos por Jaime ou por Amancio. O pequeno souto cambiou o rechouchío dos paxaros por aquelo de “Jaime aquí”!, “Amancio aquí”! Aquelas chamadas chegaron a ser rebumbio. Estes paxaros con pernas moito berran! Imaxino que os animais fuxirían, mais viñamos coller cogomelos e estes non poden fuxir.
Pero se vimos coller cogomelos! E ao principio non se vían, de tanta folla que había. Agora que, a medida que pasaba o tempo, os nosos ollos ían descubrindo aquí e alí esas extraordinarias formas. Ese foi o outro descubrimento do día: outra forma de mirada.  Ao final trouxemos varios cestos cheos de cogomelos que expuxemos, coa axuda de Jaime e Amancio, na entrada do colexio. Non deixedes de ver a exposición porque os cogomelos logo se estragan.

TODAS AS FOTOS AQUÍ

Category: saídas  | 4 Comments
Martes, Novembro 25th, 2014 | Author:

O venres día 21 de novembro comezamos a ver a película “Gravity” no tempo do Plan Lector. Vimos os 14 primeiros minutos.  O profe explicounos que unha das cousas máis espectaculares do espacio e a falta de gravidade. E esto está moi ben filmado en Gravity. Non é unha peli de violencia, aínda que ten escenas moi violentas. Non é unha peli de medo aínda que ten escenas de temblar. É unha peli de sentimentos de superación. O profe di que leu que era unha obra mestra do cine. Foi dirixida polo mexicano Alfonso Cuaron que agardou varios anos a que a técnica cinematográfica avanzara e poidera darlle a posibilidade de filmala sobre todo os impresionantes efectos de gravidade 0. De aí o título da película. Hai un momento en que a doctora Stone, coa Terra ao fondo di que está acostumada a traballar nun laboratorio onde “todo cae“. No espazo debido a ausencia de gravidade ou gravidade 0 nada cae (nin flota, nin voa, non cae que é completamente distinto). Logo falamos na clase da peli. Para ninguén foi indiferente. 

Aquí abaixo no vídeo de Youtube podedes ver algo de como foi a técnica de filmación da película.

 

Category: Película  | 5 Comments
Xoves, Novembro 20th, 2014 | Author:

A vindeira semana imos ir ao monte. Veremos os cogomelos que medran alí . O monitor será Jaime Blanco que antes da saída responderá no colexio ás nosas preguntas.

O de aquí abaixo é un Lim (Libro Interactivo Multimedia ) sobre os cogomelos que xa estivo noutros blogs outros cursos pasados. Practica e lembra cousas. Para xogar clica na frecha e arrastra as etiquetas.

Category: aula  | One Comment
Xoves, Novembro 20th, 2014 | Author:

O martes  día 25 de novembro imos saír ao monte para ver e recoller cogomelos co obxecto de facer unha exposición no colexio. Iremos acompañados por Jaime Blanco que xa nos ten acompañado outros anos.
Nesta animación obsérvase como se reproducen os fungos (mediante cogomelos).
De cada espora que sae das laminiñas medra debaixo da terra un micelio  (cando se xuntan dous micelios poden producir cogomelos). Hai que salientar que un fungo é un ser vivo que non asoma ao exterior. Só asoma ao exterior para reproducirse.

 

Category: aula  | 2 Comments
Mércores, Novembro 19th, 2014 | Author:

P1080014 (copia)Onte viñeron polo cole tres “doutoras” para informar a toda primaria do cole sobre as consecuencias do novo e peligrosísimo virus que anda solto. Dixéronnos que o  efecto con máis perigo conseguido polo virus é paralizar a lingua. Cando chegamos ao Ximnasio recibíronnos as “doutoras” Chus Caramés, Nerea Couselo e Andrea Vilar. Era moi curioso oír coma nunca dicían a palabra silencio,  tan querida polos nosos profes.. Dicían atención nenos. Para saber se estaban infectados polo virus, os nenos e nenas de Campañó, fixeron  probas de resistencia, de habelencia e de velocidade tanto físicas, como lingüísticas, como mentais e logo unha derradeira proba resumo das tres anteriores. A conclusión é que están afectados polo virus pero poden remontar facilmente. A actividade complementaria foi do agrado dos nenos e nenas do cole que o pasaron moi ben e aprenderon moitas cousas. Os de 5º comentamos a actividade no tempo do Plan Lector e todos entendimos perfectamente  a analoxía que significa o virus.

Todas as fotos aquí.

Category: aula  | 2 Comments
Luns, Novembro 10th, 2014 | Author:

P1070912 (copia)O venres, día 7,  fomos a cidade mais grande que ten Galicia non norte: A Coruña. O motivo foi que iamos ver o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Un novo museo que ten esta gran cidade e que é practicamente descoñecido. Fomos participar nas xornadas de Biotecnoloxía organizadas polo museo. Todo o museo e fermoso: o edificio, as exposicións…  O que máis impacto causou nos nenos/as foi a enorme cabina do mítico Boing 747 “Jumbo” de 20 metros de altura e tres andares. Os monitores dixeron que para metelo alí tiveran que desmontala en pezas e logo reconstruíla dentro. Ademais tivera o privilexio de traer o sonado cadro de Picasso que estaba no Moma de New York ata que en España houbera democracia. Vaia pasaseiro! Logo da visita ao museo, Manuel Vicente García, presentador do programa da Radio Galega “Efervesciencia”, deunos unha charla coa presencia dun ilustre morto: Louis Pasteur. Faláronnos de iogures, pan, viño, cervexa, insulina para diabéticos e demais cousas que usamos a cotío e que non sabiamos que son biotecnoloxías. Gustounos especialmente o lixeiro acento francés de Pasteur. Logo Manuel Becerra, investigador de renome, deunos outra charla sobre biotecnoloxía e microorganismos. Maís tarde, repartímonos en tres interesantísimos obradoiros. Rematamos no museo e fomos dar en bus, ameazaba chuva,  unha volta polos lugares maís coñecidos da Coruña: a enseada do Orzán, a Domus, a Torre de Hércules patrimonio da Humanidade, Riazor, o quiosco Afonso e a estatua de Asorei en honor a Curros Enríquez, o porto, os Cantóns coas súas acristaladas solainas. Terra e mar, misturadas en equilibrada proporción, unha marabilla. Para volver con máis calma por exemplo nas vacacións de Nadal.

Todas as fotos aquí

 

 

 

Category: saídas  | 3 Comments
Domingo, Novembro 09th, 2014 | Author:
cartel madeiraO Equipo da Biblioteca do colexio decidiu facer un cartel en madeira co nome da Rufiteca. Fixéronno os de 5º. Primeiro os nenos lixaron ben a madeira, logo o profe Moncho, con algo de axuda de Rosana, cunha fresadora fixo as letras. Logo tocoulle traballar, de novo,  aos nenos e nenas de 5º. Pintaron de negro o fondo das letras, cada un unha, e déronlle verniz ao cartel. De novo o profe Moncho colgou de forma rústica o cartel na entrada da Rufiteca cuns elos de cadea. Así quedará mentres haxa Rufiteca e Rufiño siga vivindo e lendo alí. Todos os nenos e nenas do colexio xa saben que despois de traspasar o cartel e a pola da árbore teñen que gardar silencio porque están na Rufiteca e alí e un lugar de lectura onde ten que soar o  silencio para podermos ler.

 

Todas as fotos aquí

Category: aula  | 2 Comments