Domingo, Novembro 09th, 2014 | Author:
cartel madeiraO Equipo da Biblioteca do colexio decidiu facer un cartel en madeira co nome da Rufiteca. Fixéronno os de 5º. Primeiro os nenos lixaron ben a madeira, logo o profe Moncho, con algo de axuda de Rosana, cunha fresadora fixo as letras. Logo tocoulle traballar, de novo,  aos nenos e nenas de 5º. Pintaron de negro o fondo das letras, cada un unha, e déronlle verniz ao cartel. De novo o profe Moncho colgou de forma rústica o cartel na entrada da Rufiteca cuns elos de cadea. Así quedará mentres haxa Rufiteca e Rufiño siga vivindo e lendo alí. Todos os nenos e nenas do colexio xa saben que despois de traspasar o cartel e a pola da árbore teñen que gardar silencio porque están na Rufiteca e alí e un lugar de lectura onde ten que soar o  silencio para podermos ler.

 

Todas as fotos aquí

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

2 Responses

  1. 1
    Soraya 5º 

    Gústame como quedou o cartel que fixemos para a entrada da RUFITECA. Fixémolo os de 5º con axuda do profesor Moncho quedou moi bonito.

  2. 2
    Paula 5º 

    Encantoume o cartel…esta feito por nós!