Luns, Novembro 10th, 2014 | Author:

P1070912 (copia)O venres, día 7,  fomos a cidade mais grande que ten Galicia non norte: A Coruña. O motivo foi que iamos ver o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Un novo museo que ten esta gran cidade e que é practicamente descoñecido. Fomos participar nas xornadas de Biotecnoloxía organizadas polo museo. Todo o museo e fermoso: o edificio, as exposicións…  O que máis impacto causou nos nenos/as foi a enorme cabina do mítico Boing 747 “Jumbo” de 20 metros de altura e tres andares. Os monitores dixeron que para metelo alí tiveran que desmontala en pezas e logo reconstruíla dentro. Ademais tivera o privilexio de traer o sonado cadro de Picasso que estaba no Moma de New York ata que en España houbera democracia. Vaia pasaseiro! Logo da visita ao museo, Manuel Vicente García, presentador do programa da Radio Galega “Efervesciencia”, deunos unha charla coa presencia dun ilustre morto: Louis Pasteur. Faláronnos de iogures, pan, viño, cervexa, insulina para diabéticos e demais cousas que usamos a cotío e que non sabiamos que son biotecnoloxías. Gustounos especialmente o lixeiro acento francés de Pasteur. Logo Manuel Becerra, investigador de renome, deunos outra charla sobre biotecnoloxía e microorganismos. Maís tarde, repartímonos en tres interesantísimos obradoiros. Rematamos no museo e fomos dar en bus, ameazaba chuva,  unha volta polos lugares maís coñecidos da Coruña: a enseada do Orzán, a Domus, a Torre de Hércules patrimonio da Humanidade, Riazor, o quiosco Afonso e a estatua de Asorei en honor a Curros Enríquez, o porto, os Cantóns coas súas acristaladas solainas. Terra e mar, misturadas en equilibrada proporción, unha marabilla. Para volver con máis calma por exemplo nas vacacións de Nadal.

Todas as fotos aquí

 

 

 

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

3 Responses

  1. 1
    Laura 5º 

    Encantoume a viaxe á Coruña. Sorprendeume moito que o MUNCYT ten moitas cousas que non coñecía. O mundo en que vivimos parece que esqueceu a súas orixes. Creo que debo voltar…

  2. 2
    Laura 5º 

    Foi a mellor viaxe co colexio da miña vida. Encantoume ir a unha cidade tan bonita e estudiosa. Por exemplo o MUNCYT é un lugar moi estudoso porque senón non poden ter tantas cousas como teñen da antiguidade.Todo isto… encantoume.

  3. 3
    Uxía 5º 

    Encantoume porque nunca vin una cousa tan sorprendente como o MUNCYT e como me gustou moito o domingo dia 22 fun co meu irmán e a súa moza A Coruña. Paseino xenial.