Mércores, Novembro 19th, 2014 | Author:

P1080014 (copia)Onte viñeron polo cole tres “doutoras” para informar a toda primaria do cole sobre as consecuencias do novo e peligrosísimo virus que anda solto. Dixéronnos que o  efecto con máis perigo conseguido polo virus é paralizar a lingua. Cando chegamos ao Ximnasio recibíronnos as “doutoras” Chus Caramés, Nerea Couselo e Andrea Vilar. Era moi curioso oír coma nunca dicían a palabra silencio,  tan querida polos nosos profes.. Dicían atención nenos. Para saber se estaban infectados polo virus, os nenos e nenas de Campañó, fixeron  probas de resistencia, de habelencia e de velocidade tanto físicas, como lingüísticas, como mentais e logo unha derradeira proba resumo das tres anteriores. A conclusión é que están afectados polo virus pero poden remontar facilmente. A actividade complementaria foi do agrado dos nenos e nenas do cole que o pasaron moi ben e aprenderon moitas cousas. Os de 5º comentamos a actividade no tempo do Plan Lector e todos entendimos perfectamente  a analoxía que significa o virus.

Todas as fotos aquí.

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

2 Responses

  1. 1
    Soraya 5° 

    O outro día viñeron tres doutoras e insinaronnos que tiñamos una enfermidade. A enfermidade era que estamos deixando o GALEGO atrás e por iso nos dixeron iso e gustoume moito.

  2. 2
    Uxía 5º 

    O outro día viñeron polo colexio tres doutoras e dixéronos que estabamos infectados polo virus porque deixamos sempre o GALEGO olvidado e entón si non falamos galego estaremos infectados.