Martes, Novembro 25th, 2014 | Author:

O venres día 21 de novembro comezamos a ver a película “Gravity” no tempo do Plan Lector. Vimos os 14 primeiros minutos.  O profe explicounos que unha das cousas máis espectaculares do espacio e a falta de gravidade. E esto está moi ben filmado en Gravity. Non é unha peli de violencia, aínda que ten escenas moi violentas. Non é unha peli de medo aínda que ten escenas de temblar. É unha peli de sentimentos de superación. O profe di que leu que era unha obra mestra do cine. Foi dirixida polo mexicano Alfonso Cuaron que agardou varios anos a que a técnica cinematográfica avanzara e poidera darlle a posibilidade de filmala sobre todo os impresionantes efectos de gravidade 0. De aí o título da película. Hai un momento en que a doctora Stone, coa Terra ao fondo di que está acostumada a traballar nun laboratorio onde “todo cae“. No espazo debido a ausencia de gravidade ou gravidade 0 nada cae (nin flota, nin voa, non cae que é completamente distinto). Logo falamos na clase da peli. Para ninguén foi indiferente. 

Aquí abaixo no vídeo de Youtube podedes ver algo de como foi a técnica de filmación da película.

 

Category: Película
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

5 Responses

  1. 1
    Cristina 5º 

    Estou desexando ver Gravity. O anaco que xa vimos encantoume e penso que o resto vou a alucinar.

  2. 2
    Cristina 5º 

    Estou desexando ver Gravity o anaco que xa vimos encantoume e penso que o resto vou a alucinar.

  3. 3
    Soraya 5º 

    Estou desexando que pasen as navidades para ver Gravity

  4. 4
    Uxía 5º 

    O anaco de Gravity que vimos encantoume e creo que o que vamos ver vaime gustar mais.

  5. 5
    Laura 5º 

    Foi unha das mellores películas que vin na miña vida.