Mércores, Novembro 26th, 2014 | Author:
P1080190
Onte, día 25 de novembro de 2014, os de 3º 4º e 5º fomos ao monte de Montecelo. Primeiro fomos á biblioteca do cole ás 10:20  e asistimos a unha charla de Amancio da Asociación micolóxica Brincabois sobre os cogomelos. Logo fixémoslle preguntas e ao final fomos ao monte. Este ano fomos a un lugar diferente de Montecelo, na “estrada das Antenas”. Os monitores foron Amancio e mais Jaime. O entorno era de castiñeiros e o máis interesante era estar rodeados de outono. Todo o terreo do monte estaba cuberto  e o sol filtrábase polas follas de cor castaño-verde que aínda quedaban nas polas: o outono.
O profe organizounos en grupos de tres,  avisándonos de que non tocaramos nada e que se atopabamos algo chamáramos por Jaime ou por Amancio. O pequeno souto cambiou o rechouchío dos paxaros por aquelo de “Jaime aquí”!, “Amancio aquí”! Aquelas chamadas chegaron a ser rebumbio. Estes paxaros con pernas moito berran! Imaxino que os animais fuxirían, mais viñamos coller cogomelos e estes non poden fuxir.
Pero se vimos coller cogomelos! E ao principio non se vían, de tanta folla que había. Agora que, a medida que pasaba o tempo, os nosos ollos ían descubrindo aquí e alí esas extraordinarias formas. Ese foi o outro descubrimento do día: outra forma de mirada.  Ao final trouxemos varios cestos cheos de cogomelos que expuxemos, coa axuda de Jaime e Amancio, na entrada do colexio. Non deixedes de ver a exposición porque os cogomelos logo se estragan.

TODAS AS FOTOS AQUÍ

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

4 Responses

  1. 1
    Cristina 5º 

    Encantoume a saída e gústame moito como quedou a exposición de cogomelos está xenial.

  2. 2
    Uxía 5º 

    Gustoúme moito a saida que fixemos a buscar cogomelos ao monte de detrás do colexio. Encontramos a Amanita Phaloides, Fideo de monte, e etc. Fomos 3º 4º e 5º de primaira .

  3. 3
    Soraya 5º 

    Este ano fomos recoller cogomelos e había moitos máis que o ano pasado. O noso profesor fixo grupos de tres e encontramos moitos cogomelos.

  4. 4
    Paula5º 

    Gustoume moito esta saída. Foi espectacular ter o outono aos nosos pés.