Archive for » Decembro, 2014 «

Martes, Decembro 23rd, 2014 | Author:

star trekO derradeiro día de cole do ano 2014, os de 6º e os de 5º vimos unha película da serie Star Trek. O filme de 1982 describía as viaxes interestelares, entre estrelas, nunha nave preparada para iso no século XXIII: a Interprise. A trama da peli fai que a tripulación aterre nun exoplaneta donde unha médico famosa está facendo uns experimentos sobre a vida. Vimos como está filmado o paso da velocidade normal á velocidade da luz cunha especie de corremento das luces que deixa un ronsel de luz azulada sen verse a nave. Pero non todo era tecnoloxía e coñecemento de enxeñaría, tamén había tempo para os valores e os comportamentos morais. Vimos como unha personaxe só usaba a vinganza como forma de relación e como, noutra parte da película,  era preciso o contacto físico como expresión de afecto ou como despois da súa morte se espallaban as  cinzas de Spock polo que fora sempre a súa vivenda: o espazo..

Category: Película  | One Comment
Xoves, Decembro 18th, 2014 | Author:

Aquí abaixo podedes meter en forma de comentarios os contos dixitalizados para o XVI Salón de Libro. que este ano está adicado á ciencia ficción.

 

A forma máis doada de subilos é:

1) Escribir todo o conto no voso programa de tratamento de textos. Ir gardando segundo ides facendo.

2)Copiar todo o texto no caixón dos comentarios e subilo, Non esquezades poñer o voso nome e o título do conto.

Category: Sen categorizar  | 6 Comments
Venres, Decembro 05th, 2014 | Author:

culturgal-2014-cartel-1024x1061É unha exposición-feira de todo o que dá de si a nosa cultura. Despois do exitazo en visitantes das últimas edicións, celébrase todos os anos a principios de decembro. Este ano será os días 5 – 6 e 7, venres, sábado e domingo de decembro no Pazo de Exposicións (ao lado do Pazo da Cultura, na banda norte do Lérez). É unha boa ocasión para ir ver e/ou mercar (os Reis e o Apalpador están cerca) cousas de tipo cultural feitas aquí: libros, discos, banda deseñada, etc,… todo con desconto. Este ano hai que pagar unha entrada: un euro por neno e dous por adulto, hai abonos.

Category: aula  | Comments off
Martes, Decembro 02nd, 2014 | Author:

chaillotOs seres humanos tardamos moito tempo en declarar que polo simple feito de nacer temos dereitos. Dereitos humanos. O día 10 deste mes de decembro cúmprense 66 anos daquela votación en París no ano 1948, a carón  do mesmísimo río Sena e fronte e Torre Eiffel, no palacio Chaillot, na que a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Aquela votación por parte dos países foi histórica. Por primeira vez todo ser humano ten un intrumento de defensa da súa humanidade. É moi importante entender o de “todo”.

Category: Sen categorizar  | Comments off
Luns, Decembro 01st, 2014 | Author:

Esta vai ser a última poesía que aprendan os de 5º neste curso. Xa van 5 en castelán e está será a 5ª en galego. Esta ten música asociada por un gran grupo galego. Non perdades todo o vídeo de Carlos Lago:

Tamén podedes ver como  interpreta o grupo “A cada canto” esta fermosa poesía-canción. AQUÍ

Category: aula  | 3 Comments