Venres, Decembro 05th, 2014 | Author:

culturgal-2014-cartel-1024x1061É unha exposición-feira de todo o que dá de si a nosa cultura. Despois do exitazo en visitantes das últimas edicións, celébrase todos os anos a principios de decembro. Este ano será os días 5 – 6 e 7, venres, sábado e domingo de decembro no Pazo de Exposicións (ao lado do Pazo da Cultura, na banda norte do Lérez). É unha boa ocasión para ir ver e/ou mercar (os Reis e o Apalpador están cerca) cousas de tipo cultural feitas aquí: libros, discos, banda deseñada, etc,… todo con desconto. Este ano hai que pagar unha entrada: un euro por neno e dous por adulto, hai abonos.

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed.