Archive for » Xaneiro, 2015 «

Venres, Xaneiro 30th, 2015 | Author:
P1080593Hoxe celebramos no colexio público de Campañó o Día Escolar da Paz. Conmemórase o asasinato de Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948. Vense celebrando este día desde 1964.
Este ano os de 5º fixeron unha miniobra de teatro na entrada do colexio que se chamaba “Paz Galáctica”. Logo falou un representante ou dous de cada curso e por último no salón de actos bailamos unha coreografía ensaiada pola profesora de música, Lupe. Clicando neste enlace hai un ensaio do día da paz de outros anos en Campañó.

Todas as fotos aquí

Category: Sen categorizar  | 2 Comments
Xoves, Xaneiro 29th, 2015 | Author:
P1080536_aHoxe foi un día de luxo para os de 5º de Campañó. Primeiro pola forma de sermos transportados, en taxi,  e en segundo lugar polas persoas  que coñecimos e os e lugares con que conectamos.
Ás 9:30 marchamos en dous taxis para o colexio de Lérez. Agardaba por nós a profesora Cruz que nos ensinou todo o colexio de Lérez antes da videoconferencia. Entramos na clase de 5º e en Infantil. O profe quedou cos dentes longos polos ordenadores do proxecto Abalar que tiñan gardados nun armario móbil. Quedamos abraiadiños polas instalacións! Logo presentouse Palmira, toda ilusión e entusiasmo, unha moza de Sardiñeiro (Fisterra) que nos presentou o proxecto Ponte a Europa e nos regalou un sobre cunha cousa moi bonita, feita en papel, pero que simboliza outra cousa que iremos descubrindo. Dixo que nos  iamos comunicar, os nenos e as nenas, por medio de unha páxina web ( http://ponteaeuropa.gal ) con 7 cidades europeas que teñen xente galega entre os seus membros: Oxford, Birminham no Reino unido, Cork en Irlanda, Zadar en Croacia, Berlín en Alemaña, Varsovia en Polonia e Helsinqui en Finlandia. Imos viaxar mediante comentarios e contidos de internet por toda Europa. Temos que compartir cousas das nosas cidades e parroquias por medio de fotos, vídeos, comentarios, etc. todo será  en galego e supervisado por Palmira desde Sardiñeiro. Logo falounos desde Sheffield, Isaac e contounos unha historia moi fermosa sobre unha flor antes de falar con xente de cada colexio.
Todas as fotos aquí
Category: aula  | Comments off
Mércores, Xaneiro 28th, 2015 | Author:
paraugas_amareloSobre as 12:30 veu Alberto, da editorial Kalandraka. Fíxonos un obradoiro de escrita a través dun conto moi fermoso que se chama “O paraugas amarelo”. Soamente nos ensinou as 16 ilustracións, eso si dúas veces. Despois tiñamos que inventar o texto. Haberá unha segunda sesión. O profe quedou en que o luns día dous de febreiro nos amosaría de novo as ilustracións. Alberto levou os nosos comezos de conto para darnos, na seguinte sesión,  novas ideas de por onde podemos seguir. Deixou, ademais, un regalazo para a Biblioteca do cole: un lote de libros da editorial Kalandraka. Logo en clase falamos do conto “O paraugas amarelo” e moitos coincidimos en que se trataba dunha versión mederna do conto de Andersen “O parrulo feo”.
Category: aula  | One Comment
Luns, Xaneiro 26th, 2015 | Author:

lerez
O día 29 deste mes, xoves, os de 5º subvencionados por Normalización Lingüística do Concello dentro do programa Ponte Europa, iremos en taxi (somos poucos/as) ao colexio de Lérez a intervir nunha videoconferencia na que participarán: nenos/as dos colexios de Campañó, Lérez e Xeve con distintos profesores/as de varias universidades de Europa: Oxford, Birminham, Helsinki,… Sairemos de Campañó ás 9:30 h. Comezaremos a videoconferencia ás 10 e voltaremos ás 11:30h. É unha pena que non esteamos dando os países europeos. Aínda así, localizaremos no mapa da clase e no Google Earth, os países e as cidades desde onde nos falaron os profesores. Un gran día. A nosa primeira conexión con Europa e en galego. Haberá máis neste curso. Tamén coñeceremos a Palmira, Isaac, Cristina e Belén. more…

Category: aula  | 4 Comments
Venres, Xaneiro 09th, 2015 | Author:

Se o anterior trimestre foi de poesía este segundo vai tratar da sétima arte. Xa comezamos en decembro pero agora continuamos con moita gravidade visionando na aula de informática durante o Plan Lector a primeira película, que non a última, do trimestre. Esta pelí chámase “Gravity” do director mexicano Alfonso Cuarón. É bastante recente, 2013 e ten a característica de que todos os conflictos da peli  suceden ou resólvense en ausencia de gravidade ou gravidade 0. Trátase dunha historia de superación moi fermosa que traballa moitos conceptos científicos e morais con moita produción e moi ben filmada e interpretada. Hai verdadeiras imáxenes icónicas.

Category: aula  | One Comment