Luns, Xaneiro 26th, 2015 | Author:

lerez
O día 29 deste mes, xoves, os de 5º subvencionados por Normalización Lingüística do Concello dentro do programa Ponte Europa, iremos en taxi (somos poucos/as) ao colexio de Lérez a intervir nunha videoconferencia na que participarán: nenos/as dos colexios de Campañó, Lérez e Xeve con distintos profesores/as de varias universidades de Europa: Oxford, Birminham, Helsinki,… Sairemos de Campañó ás 9:30 h. Comezaremos a videoconferencia ás 10 e voltaremos ás 11:30h. É unha pena que non esteamos dando os países europeos. Aínda así, localizaremos no mapa da clase e no Google Earth, os países e as cidades desde onde nos falaron os profesores. Un gran día. A nosa primeira conexión con Europa e en galego. Haberá máis neste curso. Tamén coñeceremos a Palmira, Isaac, Cristina e Belén.

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

4 Responses

  1. 1
    Paula 5º 

    Que emocionante!

  2. 2
    Uxía 5º 

    Mañá a excursión que nervios…

  3. 3
    Laura 5º 

    Cando cheguemos vanme saír uns nervios…

  4. 4
    Soraya5º 

    Gustoume a coferencia. Eu pensei que í a ser máis maior, pero estivo ben.