Xoves, Xaneiro 29th, 2015 | Author:
P1080536_aHoxe foi un día de luxo para os de 5º de Campañó. Primeiro pola forma de sermos transportados, en taxi,  e en segundo lugar polas persoas  que coñecimos e os e lugares con que conectamos.
Ás 9:30 marchamos en dous taxis para o colexio de Lérez. Agardaba por nós a profesora Cruz que nos ensinou todo o colexio de Lérez antes da videoconferencia. Entramos na clase de 5º e en Infantil. O profe quedou cos dentes longos polos ordenadores do proxecto Abalar que tiñan gardados nun armario móbil. Quedamos abraiadiños polas instalacións! Logo presentouse Palmira, toda ilusión e entusiasmo, unha moza de Sardiñeiro (Fisterra) que nos presentou o proxecto Ponte a Europa e nos regalou un sobre cunha cousa moi bonita, feita en papel, pero que simboliza outra cousa que iremos descubrindo. Dixo que nos  iamos comunicar, os nenos e as nenas, por medio de unha páxina web ( http://ponteaeuropa.gal ) con 7 cidades europeas que teñen xente galega entre os seus membros: Oxford, Birminham no Reino unido, Cork en Irlanda, Zadar en Croacia, Berlín en Alemaña, Varsovia en Polonia e Helsinqui en Finlandia. Imos viaxar mediante comentarios e contidos de internet por toda Europa. Temos que compartir cousas das nosas cidades e parroquias por medio de fotos, vídeos, comentarios, etc. todo será  en galego e supervisado por Palmira desde Sardiñeiro. Logo falounos desde Sheffield, Isaac e contounos unha historia moi fermosa sobre unha flor antes de falar con xente de cada colexio.
Todas as fotos aquí
Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed.