Venres, Xaneiro 30th, 2015 | Author:
P1080593Hoxe celebramos no colexio público de Campañó o Día Escolar da Paz. Conmemórase o asasinato de Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948. Vense celebrando este día desde 1964.
Este ano os de 5º fixeron unha miniobra de teatro na entrada do colexio que se chamaba “Paz Galáctica”. Logo falou un representante ou dous de cada curso e por último no salón de actos bailamos unha coreografía ensaiada pola profesora de música, Lupe. Clicando neste enlace hai un ensaio do día da paz de outros anos en Campañó.

Todas as fotos aquí

Category: Sen categorizar
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

2 Responses

  1. 1
    Soraya 5° 

    O Día da Paz si me gustou e non me gustou. O que me gustou foi a obra de teatro que fixemos e un pouco o baile de música. E porque non me gustou foi que non era como o ano pasado porque este ano foi un pouco sosa e a do ano pasado foi máis divertida.

  2. 2
    Uxía 5º 

    Gustoume máis ou menos porque tiña que durar máis tempo.