Archive for » Febreiro, 2015 «

Xoves, Febreiro 26th, 2015 | Author:


ecilpe-parcial-de-sol_2Vaia e vai ser un día festivo! O venres día 20 de marzo vai ter lugar un acontecemento natural importantísimo. Xusto antes do equinocio de primavera. Pensemos que o noso proxecto anual é “O espazo”. O acontecemento é unha eclipse de Sol. Será unha eclipse parcial. Quere dicir que a Lúa non vai tapar todo o Sol, senón parte.  Sabemos todos e todas  que unha eclipse ven sendo a sombra dun astro que tapa a outro. Se dicimos que é unha eclipse parcial de Sol e que non se vai ver parte do Sol. Haberá, nese momento, mais escuridade e as sombras van ser moi curiosas. Lémbravos algo a forma do SoSE2015Mar20Tl na eclipse? A pesar de ser festivo (a eclipse non se pode aprazar) os que queiran vir ao patio do cole, incluso pais e nais, poden vir ás 9:15 da mañá que haberá algún profe no patio. Na foto e ilustración obsérvase moi ben como se vai ver o sol e onde segundo a NASA se vai ver e a que hora ( o puntiño negro será onde sexa o eclipse total). A Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra ten organizados actos de visionado na Ferraría de Pontevedra. Como medida de seguridade: non se pode mirar directamente para o Sol. Haberá un sistema de observación seguro no patio con cristais de filtro de soldador nivel 11 (moi seguro). Oxalá que non haxa nubes ese día, pois senón non se verá nada e ademais o próximo eclipse será no ano 2026. hai que ter en conta a seguridade: non valen filtros afumados,  nin radiografías, nin cousas semellantes. Asegurádevos, non se pode mirar cara ao sol sen protección, pois  este actuaría como unha especie de Medusa, pero no canto de convertervos en pedra acabaríanos coa retina de cada ollo.

Category: aula  | Comments off
Xoves, Febreiro 26th, 2015 | Author:

normal_P1080783Antes de onte, martes,  foi un día moi interesante para o colexio. Demos por rematado o Entroido e algúns cursos e profesores poideron ver a actuación en directo de Montserrat Roca, mestra catalana, que nos/lles falou do universo, en concreto do sisteme solar. O remate do Entroido coincide coa tradicianal queima do Ravachol no cole. Unha vez máis feito por Eduardo.
Leváronno os de 6º desde a entrada ata a herba do patio de infantil. Alí despois de ser desplumado polo propio Eduardo foi queimado para tristura de todos pois coa queima de Ravachol remata o Entroido.
Hoxe tamén trouxeron un megatelescopio artesanal polo que nenos e nenas poden ver e así o fixeron. Non se ve nada novidoso nin extraño, pero “mola”.
A terceira cousa que sucedeu foi a exposición da mestra Montserrat. Como sabe guiar unha exposición! Como interactúa cos nenos! Como reclama a súa atención! Como improvisa sobre algo non coñecido de todo! Esta mestra si que ten “Libriño” [“cada maestrillo co seu librillo”]

Fotos do Ravachol

Fotos do telescopio

Fotos de Montserrat Roca

Category: aula  | Comments off
Mércores, Febreiro 25th, 2015 | Author:

COSMOS_01_-_EN_LA_ORILLA_DEL_OCÉANO_CÓSMICO_(Español_Latino)_HQXa rematou o Entroido e seguiremos co visionado de vídeos. Esta vez non tocará película de ficción senón un dos sonados vídeos que o astrónomo Carl Sagan confeccionou en Estados Unidos  alá polo ano 80 do século pasado. Como aínda teñen vixencia moitas da cousas que alí se din, veremos o capítulo nº1 de “En la orilla del océano cósmico” que trata dos anos luz, das galaxias , das estrelas, números e distancias, etc. Este vídeo tamén está en Youtube, por se se quere ver desde a casa,  neste enlace  https://www.youtube.com/watch?v=FHxgc6svaRA

Category: aula  | Comments off
Venres, Febreiro 13th, 2015 | Author:
astronautasPreviamente á celebración, un profesor, deunos unha charla a todos os cursos de Primaria sobre o Entroido en Galicia e descubriunos que Campañó practicaba un costume moi singular: a Carreira da Rosca. Este ano non a celebramos por falta de tempo pero o vindeiro ano seguro que imos facer algo. As 13:30 baixamos ao Salón de Actos. Alí,  diante dos numerosos pais e  nais, as tres comparsas bailaron e festexaron o noso Entroido escolar. Seguindo o proxecto anual de “O espazo”, uns vestíronse de estrelas, outros de foguetes e por último os astronautas. As músicas foron respectivamente: Hay un gallego en la Luna, Satélite Xabarín e Sunset.

Todas as fotos aquí

Category: aula  | Comments off
Xoves, Febreiro 12th, 2015 | Author:

 

 

IYL_Logo_ano internacional da luz

A UNESCO  declarou o recén comezado o  ano, como ano da Luz. Servirá para conmemorar distintos e importantes acontecementos científicos: O centenario da teoría da relatividade xeral de Einstein e dos primeiros descubrimentos en óptica hai 1.000 anos. Aquí ao lado o logo oficial do ano e o que hai a continuación e un enlace o “trailer” oficial da presentación do ano internacional.

UNO/UNESCO International Year of Light 2015 Final Official Trailer from Nickolas Barris on Vimeo.

Category: aula  | Comments off
Martes, Febreiro 03rd, 2015 | Author:
lactea
A Vía Láctea é a galaxia onde vivimos os terrícolas. Se puidésemos vela desde o exterior, veriamos no centro un avultamento, amarelo e brillante, con forma de balón de “rugby”, e  un delgado disco de cor azulado xirando ao redor. A Vía Láctea ten forma espiral barrada, como un catavento. No centro ten un buraco negro, o que os científicos chaman Saxitário A. O centro non é redondo, senón alongado. Preto del están os máis antigos astros, estrelas vermellas e amarelas. 

 

 

vialacteaDo centro nacen catro brazos: Brazo de Perseo, Brazo de Orión ,  Brazo de Sagitário  e Brazo de Cruz Centauro. Forman un disco que xira lentamente en espiral. Nos brazos están as estrelas máis novas, estrelas azuis e brancas.  Hai tamén moitas nebulosas; na maioría destas están formándose novas estrelas. O brazo de Sagitário é o máis brillante de todos. A Vía Láctea é unha gran galaxia de 100.000 anos luz de diámetro e contén máis de 200 mil millóns de estrelas. Nós estamos nunha desas estrelas, o Sol, que está no Brazo de Orión.  A Terra está a 25.000 anos luz do centro da galaxia, nunha zona pouco poboada do Brazo de Orión. Noso Sistema Solar dá unha volta á galaxia cada 225.000 mil anos. A gravidade  da Vía Láctea é tan forte que atrae outras galaxias próximas menores.
De noite, a Vía Láctea, parece unha raia branca que atravesa todo o ceo. En latín, o significado de Vía Láctea é camiño de leite. Segundo avialactea3 mitoloxía grega, o deus Zeus tivo un fillo cunha mortal. Cando Hera, a súa esposa, o descubriu, colleu o bebé da súa nai mentres mamaba. O leite foi derramado e caeu a través do ceo  trazando un camiño. A Vía Láctea é tamén chamada o Camiño de Santiago e era  usada antigamente como unha guía para os peregrinos que ían  a Santiago de Compostela desde Francia. 
(Traducido de http://www.astromia.com/universo/comovialactea.htm )
Category: aula  | Comments off