Archive for » Marzo, 2015 «

Mércores, Marzo 25th, 2015 | Author:

muinho_2Despois de practicar moito este mes e expresar moitas veces o que iamos dicirlle á cámara de Palmira, hoxe fomos aos muíños de Piñeiro e as Gándaras. Eso si, fomos ao grande como estrelas de cine, en taxi. Que é mais barato que en autobús. Fomos de balde pois pagou e organizou o  Concello dentro do programa de intercambio Ponte a Europa que consiste en promocionar o noso idioma dentro de Europa aproveitando a estadía de moitos galegos e galegas nas universidades máis famosas do continente.

Todas as fotos aquí.

Category: saídas  | One Comment
Luns, Marzo 23rd, 2015 | Author:

via romanaHoxe fomos ás xunqueiras do río Rons, Alba ou as Gándaras. Fomos para recoñecer o terreo para outras saídas e preparados/as para facerlle preguntas en inglés aos posibles peregrinos, de Porto a Compostela, que atopemos. Hoxe atopamos dúas peregrinas brasileiras, María e Patricia, moi amables e simpáticas que nos invitaron a ir a Brasíl e que viñeron desde Sao Paulo ata Porto en avión e desde Porto camiñando ata Santiago. Hoxe ían durmir en Caldas de Reis. Todos sabemos que pola beira deste espazo natural pasa hoxe o Camiño portugués a Santiago.  Noutro tempo pasou por aquí a calzada romana XIX como testemuña un marco que hai xusto na ponte de Pontecabras. Queremos saber e recoñecer que estamos a dous quilómetros da antiga calzada romana. Que por aquí,  hai 2.000 anos pasaban romanos, soldados  e comerciantes, que despois de pasar pola ponte do Burgo ían camiño de Lugo ou de Astorga,  Santiago de Compostela aínda non existía. Hoxe pasa a vía do tren, a estrada, a autoestrada a Compostela e o Camiño portugués a Santiago. Todo un recurso educativo na parroquia, só a dous quilómetros do cole. Logo fixemos unha práctica oral (clase na natureza) do que iamos dicir o vindeiro xoves 26 para que grave Palmira a de Ponte Europa.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | Comments off
Luns, Marzo 23rd, 2015 | Author:

telescopios…Darlle punto a este proxecto do espazo do mesmo xeito  que o comezamos: que veñan de novo os da Asociación Astronómica Sirio ao patio para facer unha nova observación nocturna alá polo mes de xuño no patio sobre ás 23:00 horas. Que traian os telescopios. O telescopión que hai na entrada non chega para satisfacer a enorme curiosidade dos nenos e nenas, precisamos telescopios de verdade. Estaría fenomenal volver ver todas aquelas caras, e algunhas novas, de nenos pais,  nais e avós. Xa temos o compromiso de Ángel, o de pelo blanco da imaxe, falta a data e a hora de xuño.

Category: aula  | Comments off
Venres, Marzo 20th, 2015 | Author:

P1080936 (copia)Hoxe, ás 9:00 h.  hora local, comezou a verse o eclipse parcial de sol. Foi madrugador. Á 9:07 estabamos no patio do cole dúas persoas e foron chegando máis. Pais, nais e nenos/as miramos con seguridade polos visores feitos en 5º con filtros de soldador e vimos como a sombra da lúa ía gañando superficie na iluminación do sol. Os nenos pequenos dicían que aquelo se vía verde. O que pasaba é que o filtro dixaba pasar luz verde. As siluetas dos dous astros víanse moi nítidas. A sombra da Lúa entrou pola parte superior do sol e houbo un momento que todo o conxunto Sol-Lúa semellaba o logo de Fenosa que non é a lúa minguante senón un eclipse de sol, pois o sol emite luz amarela e se fora a Lúa, a luz,  sería abrancazada. Temén falamos de que os fenómenos naturais non se poden aprazar. Mañá ás 10 da mañá haberá luz de sol normal. Quentará o sol e non haberá sombras raras.

Todas as fotos aquí

Category: aula  | Comments off
Luns, Marzo 16th, 2015 | Author:

O xoves día 26 deste mes virán gravar aos nenos/as os de Ponte Europa pra que en Europa saiban o que temos de importante en Campañó. O que imos amosar, e están preesquema muinhoparando os nenos, son: o muíño de cubo de Piñeiro e as xunqueiras do Alba.

Os muíños,esquema-muinho-cubo-300x228 nesta terra, foron sempre movidos pola enerxía da auga que levan os ríos. A auga que se represa no río envíase por unha canle cara ao muíño e alí coa forza que leva move o rodicio, e este a moa que moe o gran para facer fariña e con esta o saboroso pan. Este sistema funcionou arredor de mil anos desde o século XI. No esquema vese con claridade por onde entra a auga e como dá no rodicio. Os muíños de cubo son unha solución para que coa pouca auga que levan os regatos se poidera moer o gran de millo, centeo ou trigo. Foi unha solución técnica que non se sabe de onde veu pero que foi moi útil. O cubo consistía nunha especie de torre feita con aros de pedra superpostos que facían os canteiros. Este depósito vertical de auga sobrepasaba en altura ao propio muíño e tiña como función aumentar a presión da auga que ao baleirarse por un orificio infericubo de pinheiroor saía a presión do cubo e a súa forza era quen de mover o rodicio dun muíño. Para enchelo de auga construím_pinheiroase unha canle ou acueducto que se elevaba por enriba do muíño como se ve nas fotos. Esta enxeñaría foi a orixe das minicentrais hidroeléctricas que se usan hoxe para xerar electricidade con pouco caudal de río e sen ter que facer encoro de auga. Eso si, son moito mais elevadas que os muíños de cubo. Como daban tan bo resultado a nosa parroquia e outras inzáronse deles, mais aquí só se conserva en bo estado o de Piñeiro que é do século XVIII como pon na súa porta.

Category: aula  | Comments off
Xoves, Marzo 05th, 2015 | Author:

P1080826O Salón é un dos acontecementos culturais máis importantes de Pontevedra. Calquera salón do libro de calquera cidade do mundo é unha exposición de libros, autores,  ilustradores e editoriais que se xuntan e falan do seu traballo. O Salón do Libro de Pontevedra ten ademais a participación dos colexios de Pontevedra e a contorna. Os nenos pais, nais e profesores/as presentan traballos que se expoñen nunha sala para que todo o mundo os vexa. Esto ten uns beneficios claros, sobre todo, para todo os rapaces. Pola súa participación teñen dereito a asistir gratuitamente a un obradoiro ou, se son moi pequenos, a un contacontos.

O obradoiro que asistimos os de 5º de 2015 foi unha especie de “collage” sobre animais. Déronlles dúas fotocopias de animais e tiñan que facer un animal fabuloso recortando e pegando partes de catro animais distintos. Os que lles faltaban tiñan que negocialos cos compañeiros do lado. O resultado xa o vistedes nas casas.

AQUÍ TODAS AS FOTOS.

Category: Sen categorizar  | Comments off