Archive for » Abril, 2015 «

Mércores, Abril 29th, 2015 | Author:

P1090366Hoxe fomos ás Xunqueiras do Alba. Saímos do colexio nada mais tocar o timbre de entrada. Fomos andando. Cando chegamos, despois de pasar pola “casa do medo” e Pontecabras, atopamos a un grupo de peregrinos/as portugueses de Ponte de Lima, que tamén está na calzada romana XIX, preguntando por un camiño alternativo, cun móbil. Víctor agardaba por nós na fonte co seu coche e a súa mesa cos trebellos. Saudámolo, segue coa imaxe de cabeza pelada, aínda que moi lúcida. Estaba alí desde as oito da mañá.  Xa tiña catro bolsas colgadas no seu coche e dixo que silencio pois os paxaros capturados podían coller estrés. Colleu a primeira bolsa e abriuna con moito coidado de que o que había dentro non escapara. Era un carrizoCoenagrion_mercuriale_Xunqueira_do_Alba_2015 (copia). Súas mans eran firmes pero amorosas co paxaro. Medímolo, anelámolo e pesámolo. Logo Víctor púxollo a un rapaz nas man e este soltouno. Que alegría para o paxaro! Así oito veces. Por último fomos ver as redes que Vítor puxera sen axuda ningunha ás oito da mañá. Tivemos o privilexio de  oir cantar a unha ra de San Antón e ver dúas libeliñas azuis (coenagrion mercuriale) ameazadas de extinción. Todo un luxo de mañá. Volvemos ao cole sobre as 12:18. Mentres estabamos alí pasaron dúas peregrinas de Sudáfrica e dúas de Alemaña que foron entrevistadas en riguroso inglés polos nosos alumnos/as. Tamén tivemos un compañeiro durante toda a saída e que sae na cuarta foto da galería: o can de Uxía.

Todas as fotos aquí.

Category: saídas  | 3 Comments
Martes, Abril 28th, 2015 | Author:

paEOnte viñeron Palmira, na foto,  e Bea a amosarnos e falar dos vídeos que gravamos, que gravaron os de Lérez e Xeve e os de Europa. Tivemos algún tropezo coa tecnoloxía pero remontamos e puidemos falar do que queriamos. Dentro de aproximadamente un mes estarán de novo aquí. Interesoulle moito a Palmira a tecnoloxía de muíño de cubo, tanto que investigou en Patrimonio. Gabou moito aos rapaces e rapazas por telo expresado tan ben.

Mañá imos con Victor Cabaleiro ás Xunqueiras do Alba. Veremos paxaros, falaremos de anelamento, ecosistemas, etc. Iremos andando, é dicir, a saída non ten custe económico para as familias. O bo tempo para esa mañá, está asegurado polas predicións meteorolóxicas de varias páxinas webs.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Martes, Abril 14th, 2015 | Author:
Márquez

Gabriel García Márquez

Quen é este tipiño e porque nos acordamos del. Pois é un escritor que morreu o ano

Eduardo Galeano

Eduardo Galeano

Gunter Grass

pasado por estas datas nas vacacións de Semana Santa e é o autor de “Cien años de soledad”. Por supuesto que obtivo o premio Nobel. Pero o que máis recordaremos é que lle gustaba moito o sentido preciso das palabras. Contan que era quen de deter un escrito no que estaba traballando por non encontrar a palabra axeitada. O máximo que tardou en atopala foron 20 días. Ler unha páxina dun libro calquera del é unha delicia con este nivel de autoesixencia. Así era Márquez. Tamén estes días (onte) morreron  outros dous escritorazos. Un europeo Gunter Grass , o da pipa,  de Alemaña tamén con Nobel e outro americano de Uruguai Eduardo Galeano.

Category: Sen categorizar  | One Comment
Martes, Abril 14th, 2015 | Author:

P1090095Odaiko e un grupo musical galego de catro mozos xoves que tocan a percusión. E como a tocan! Tocaron, para o noso deleite, moitos instrumentos. Comezaron polo seu propio corpo  e seguiron coa marimba, maracas de man como unha especie de ovos, zocos, marimba electrónica, tubos de PVC, que saen na foto. Todo facendo unha música modernísima (“semellaba unha discoteca”) sen esquencer a tradición. Os que temos boca quedamos con ela aberta e arrincaron aplausos sinceros dun público escolar completamente entregado.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment