Mércores, Abril 29th, 2015 | Author:

P1090366Hoxe fomos ás Xunqueiras do Alba. Saímos do colexio nada mais tocar o timbre de entrada. Fomos andando. Cando chegamos, despois de pasar pola “casa do medo” e Pontecabras, atopamos a un grupo de peregrinos/as portugueses de Ponte de Lima, que tamén está na calzada romana XIX, preguntando por un camiño alternativo, cun móbil. Víctor agardaba por nós na fonte co seu coche e a súa mesa cos trebellos. Saudámolo, segue coa imaxe de cabeza pelada, aínda que moi lúcida. Estaba alí desde as oito da mañá.  Xa tiña catro bolsas colgadas no seu coche e dixo que silencio pois os paxaros capturados podían coller estrés. Colleu a primeira bolsa e abriuna con moito coidado de que o que había dentro non escapara. Era un carrizoCoenagrion_mercuriale_Xunqueira_do_Alba_2015 (copia). Súas mans eran firmes pero amorosas co paxaro. Medímolo, anelámolo e pesámolo. Logo Víctor púxollo a un rapaz nas man e este soltouno. Que alegría para o paxaro! Así oito veces. Por último fomos ver as redes que Vítor puxera sen axuda ningunha ás oito da mañá. Tivemos o privilexio de  oir cantar a unha ra de San Antón e ver dúas libeliñas azuis (coenagrion mercuriale) ameazadas de extinción. Todo un luxo de mañá. Volvemos ao cole sobre as 12:18. Mentres estabamos alí pasaron dúas peregrinas de Sudáfrica e dúas de Alemaña que foron entrevistadas en riguroso inglés polos nosos alumnos/as. Tamén tivemos un compañeiro durante toda a saída e que sae na cuarta foto da galería: o can de Uxía.

Todas as fotos aquí.

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

3 Responses

  1. 1
    ismael 

    Me pareceu unha experiencia inolvidable e espero coller mais paxáros

  2. 2
    Uxía 5° 

    Encantoume ir ás Xunqueiras aprendín moitas cousas con Vítor dos paxaros. Foi espetacular.

  3. 3
    Soraya 5° 

    Gustoume os paxaros que collimos