Archive for » Maio, 2015 «

Venres, Maio 29th, 2015 | Author:

P1090639Por fin chegou o día da exposición ante os profesores e os outros alumnos/as dos colexios participantes en  forestais. Que ben estiveron: Ismael, Paula, Laura: ante os profesores, que aguante!  Soraya, Cristina e Edgar ante os alumnos/as, inmensos. Defenderon tan ben a súa investigación que ata parecían científicos de verdade. No recinto houbo ademais actividades relativas á ciencia  na que participaron os nosos alumnos/s. Ademais hobo merenda.

TODAS AS FOTOS AQUÏ

Category: Sen categorizar  | 2 Comments
Venres, Maio 15th, 2015 | Author:

P1090525O Correliingua e unha actividade que fan os nenos  e nenas para reivindicar o uso da nosa lingua mediante unha andaina por Pontevedra. Este ano como nos anteriores, o noso colexio no Correlingua  participou con toda primaria.

Aquí todas as fotos que aínda son bastantes

Category: aula  | 3 Comments
Luns, Maio 11th, 2015 | Author:

a_mugarteguiSi porque, que diriamos de alguén que pasea todos os días cerca dun monumento recoñecidísimo e non lle dá importancia?. Pois con axuda dun mapa e unha ficha de observación enfrentámonos ao núcleo histórico de Pontevedra. Leváronnos desde o colexio dous taxis e ás dez estabamos sentados no banco de madeira da Fonte dos Nenos para comezar o roteiro “Pontevedra para nós”. Descubrimos unha nova mirada de Pontevedra, e que a nosa cidade, ven facéndose desde  moi lonxe no tempo. O que mais nos gustou  foi o pazo de Mugartegui e a igrexa de Santa María, un bo resumo da nosa visita: un edificio civil e outro relixioso. Sorprendéronnos moitas cousas, por exemplo o medallón da Vía romana XIX na porta de Travancas, o profe dixo que había 4 mais. Rematamos na Ponte do Burgo ás 12:30 h. e volvemos en dous taxis, sen incidentes, ao noso cole. Cando estabamos na Ferraría vimos a Saleta de Pontenciencia. Queda moito por ver e coñece da nosa cidade, mais para comezar non está nada mal. A pena é das dúas compañeiras que non puideron vir. Unha das nosas compañeiras estivo tirando fotos para subilas logo á rede en concreto a Ponte Europa.

Todas as fotos aquí

Category: Sen categorizar  | One Comment
Domingo, Maio 10th, 2015 | Author:

Universo-Telescopio-HubbleSemella que xa temos esquecida esta conmemoración e non é así. Celébrase  este 2015, entre outras, o centenario da teoría da relatividade xeral de Albert Einstein (que xa deixou de ser teoría). No 1915  dixo algo que non convencía ao resto dos científicos: que a gravidade pode alterar a dirección en liña recta dos raios de luz. En outras palabras que a gravidade é expresión da curvatura do espazo-tempo. E esto demostrado con matemáticas, complicadas, pero matemáticas. Que sentiría Einstein cando el só o sabía e o resto da humanidade non! Que palabras máis raras usaba: curvatura do espazo-tempo. A foto é do universo profundo  (máis lonxano), cada punto é unha galaxia e está tirada polo telescopio Hubble. Demostra o atinado das palabras de Einstein.

hubble_universo

Category: Sen categorizar  | Comments off
Domingo, Maio 10th, 2015 | Author:

P1040770 (copia)O día 7 de maio fixo un ano  que os nenos e nenas de Campañó disfrutan dunha boa biblioteca. Chamámoslle Rufiteca porque nela vive Rufiño. Todos participaron na construción de tan fermoso espazo: alumnos/as, profes, nais e pai… A Rufiteca, tal e como está agora, ven sendo un espazo de construción colectiva.  Rufiño que está moi calado ultimamente e xa non escribe cartas, debe estar lendo coma un tolo, escribiu unha para ese día. De aquel día do ano pasado  hai gravacións en vídeo que imos ver no Plan Lector.

Nas últimas tranformacións  na decoración que se fixeron colaboraron os pais e nais e a profesora Graciela.

Foto da biblioteca do 7 de maio de 2014

Category: aula  | Comments off
Martes, Maio 05th, 2015 | Author:

pontecienciaEstes son os nenos e nenas de 5º investigando no microscopio a vida que non se ve a simple vista. É apreciable a desenvoltura con que usan ese aparello de lentes descuberto por Zacharias Janssen na Holanda de finais do século XV chamado microscopio. Todos/as miraron microbios e quedaron sorprendidísimos. A desenvoltura non só é no aparello, tamén no vocabulario. Era asombroso escoitar palabras como: portaobxectos, cubre, matraz, vaso de precipitados, pingueiro, etc. Será o noso contido de investigación para Ponteciencia deste ano.

Todas as fotos aquí

Category: aula  | 4 Comments