Luns, Xuño 01st, 2015 | Author:

ponte a europaO pasado curso o remate de todas as actividades de Ponte a Londres foi no colexio de Campañó. Este ano o remate de Ponte a Europa foi  no Pazo da Cultura, no mesmo lugar do Salón do Libro. Tiraron fotos, fotógrafos de tres xornais. Estivemos todos os alumnos/as e profesores/as dos tres coles que participamos na actividade: Lérez, Xeve e Campañó,  mais Cristina, Bea e a inmensa Palmira que nos contou unha historia moi emocionante sobre amizade,  corazóns e lingua. Despois de ver as tomas falsas e anunciarnos que o vídeo da universidade de Viena xa está na rede, Palmira contounos que Fran, un amigo seu, mandoulle unha carta con mil corazóns de papel dentro do sobre.  Palmira repartiunos entre todos nós e fixo de cada corazón un símbolo da nosa lingua: o galego. Logo fomos a Illa das Esculturas a merendar e logo para cadanseu cole.

Aquí todas as fotos

Category: Sen categorizar
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

10 Responses

  1. 1
    Paula 5º 

    O que máis me gustou da saída foi cando Palmira tirou todos os corazóns polo aire.
    A foto que más me gustou foi a foto na pedra que poñía Illa das Esculturas.
    O momento que máis me gustou foi o da búsca do tesouro.

  2. 2
    Uxía 5º 

    Gustoume moito porque foi moi divertido. O que máis me gustou foi cando fomos a dar o paseo porque fixemos unha búsca do tesouro e cando Palmira tirou os corazóns porque son moi bonitos. A foto que máis me gustou foi cando estabamos na pedra que poñía illa das esculturas.

  3. 3
    Edgar 5º 

    Hoxe fomos a unha saída con Ponte a Europa cos nenos de Lérez e Xeve . Gustáronme moitas cousas porque fixemos moitos xogos. O que máis me gustou foi canda empezamos a merendar todos os coles e tamén cando fomos todos buscar os corazóns, que eso era a busca do tesouro . Chao ata outro momento. E o momento que máis me gustou foi cando Palmira se emocionou e empezou a chorar porque xa no ía estar máis con nós. E esa e a miña opinión. E a foto que máis me gustou foi a da pedra e as illas das esculturas.

  4. 4
    Ismael 5º 

    O foto que máis me gustou foi a de cando collimos os corazóns porque me divertín moito.

  5. 5
    Laura 5º 

    Para min a foto que mais me gustou foi a numero 46 a que saliamos todos na ponte. Outra foto que me gustou foi a caixa chea de corazons de papel.

  6. 6
    Cristina 5º 

    As fotos que máis me gustaron foron cando aparecemos co cartel da Illa das Esculturas e cando sae o baúl cos corazóns.

  7. 7
    Soraya 5º 

    Polas imaxes o que me gustou foi cando tirou os corazóns, parecía interesante o que estaba contado porque estaban todos atentos.

  8. 8
    Edgar 5º 

    Asignatura

  9. 9
    Paula 5º 

    Ponte a Europa este ano foi mo bonita porque participaron moitos colexios nós eramos un deles, ademais coñecimos moitas cidades de outros países.

  10. 10
    Edgar 5º 

    Este ano pareceume moi ben moi divertido porque cos meus amigos pásoo moi ben facendo exercicios e estudiando porque nunca pensei que 5º fose tan divertido e con ganas de aprender máis. Tamén o estamos pasando moi ben co o verán que ten moi boa pinta e de ter máis amigos. Ponteuropa pareceume chulísimo porque cos vídeos que fixemos e como estabamos estudiando cada día o dos muiños e o das xunqueiras do Alba. E que sigamos así sempre levarnos ben con todos os compañeiros e con ganas de aprender máis.