Archive for » Setembro, 2015 «

Luns, Setembro 28th, 2015 | Author:

Chámase así porque o noso colexio está a dous quilómetros da antiga calzada romana nº XIX que logo se converteu no camiño de Santiago Portugués. Xa sabemos por que se titula o noso blog así. Porque estamos moi cerca da antiga e pouco coñecida calzada romana nº XIX do catálogo de Antonino. Hai estudos de expertos historiadores que din que pasaba por Pontevedra procedente da actual Braga e dirixíase por Lugo a Astorga, e así está sinalada en cinco medallóns de bronce no chan en toda a cidade de Pontevedra: cerca da estación de autobuses, na rotonda da Virxe do Camiño, no antigo cine Gonviz, na entrada da praza da Ferraría e na ponte do Burgo. É un bo roteiro para andar por enriba da calzada (cando pasa pola rúa dos Soportais vense unhas luceciñas lilas no chan)  que coincide co camiño portugués á cidade de Compostela. Esta cidade non existía aínda daquela cando a calzada xa pasaba por aquí.

Category: aula  | Comments off
Luns, Setembro 28th, 2015 | Author:
DSC00630

Foto de Soraya

Comezamos este curso coa nova repetida doutros anos da vendima. Sempre que chega setembro o cambio de estación de verán a outono, realizamos esta actividade: a vendima. É unha actividade moi antiga que non hai maneira de mecanizala. Hai que cortar os acios das vides de xeito manual e logo facer fermentar o mosto que hai nas uvas e trasportado as adegas, onde agarda pola fermentación.  O viño pode ser dunha clase de uva ou de varias. Campañó ten fama de que nas súas fincas non hai só unha caste de uvas. A vendima é ao viño o que o muíño ao millo,  o resumo de todas as actividades e acontecementos do ano nesa finca: sachar, abonar, podar, sulfatar, o tempo atmosférico, e por fin a vendima e a fermentación do mosto.

 

 

Category: aula  | Comments off
Xoves, Setembro 24th, 2015 | Author:

Por fin principiamos o curso. Xa remataron as vacacións. Xa fomos debuxar o Castrove en outono. Comeza o derradeiro curso no colexio destes nenos e nenas que marchan para o Instituto da Xunqueira para facer a ESO. Aínda que é moi cedo para pensar na despedida do colexio, será coma sempre o derradeiro acto académico de curso, xa hai ideas sobre ela. Pero quedan moitas cousas polo medio. Aprender, actividades, sin sabores, enfados, saídas, en fin o curso, a vida… Todo un curso enteiro de convivencia.

Category: aula  | Comments off