Luns, Setembro 28th, 2015 | Author:

Chámase así porque o noso colexio está a dous quilómetros da antiga calzada romana nº XIX que logo se converteu no camiño de Santiago Portugués. Xa sabemos por que se titula o noso blog así. Porque estamos moi cerca da antiga e pouco coñecida calzada romana nº XIX do catálogo de Antonino. Hai estudos de expertos historiadores que din que pasaba por Pontevedra procedente da actual Braga e dirixíase por Lugo a Astorga, e así está sinalada en cinco medallóns de bronce no chan en toda a cidade de Pontevedra: cerca da estación de autobuses, na rotonda da Virxe do Camiño, no antigo cine Gonviz, na entrada da praza da Ferraría e na ponte do Burgo. É un bo roteiro para andar por enriba da calzada (cando pasa pola rúa dos Soportais vense unhas luceciñas lilas no chan)  que coincide co camiño portugués á cidade de Compostela. Esta cidade non existía aínda daquela cando a calzada xa pasaba por aquí.

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed.