Archive for » Outubro, 2015 «

Martes, Outubro 27th, 2015 | Author:

titanesSi xa vimos “Titanes, hicieron historia” (2000) de  Boaz Yakin con tema sobre o racismo e “Viaje alucinante” (1966) de Richard Fleischer sobre o interior do corpo humano e en concreto sobre o sistema circulatorio. Hoxe a primeira hora comezamos coa historia do cine visionando na aula de informática a película muda de Charles Chaplin de 1921 “The Kid” (O neno), impresionante de guión,  realización, montaxe e expresividade, sen palabras. Os nenos e nenas de 6º riron a cachón. Con outro mundo como entorno e outros recursos, 90 anos despois, Charlot segue facendo rir e pensar.

Así con dez películas mais durante este curso.

Category: Película  | 4 Comments
Venres, Outubro 23rd, 2015 | Author:

P1130357Como di o vello refrán “polo San Martiño trompos ao camiño”. Esto quere dicir que alá polo día 11 de novembro, de todos os anos, que é o San Martiño os rapaces e rapazas de Campañó deberían saber tirar o trompo de madeira. Pois eso é o que estamos a practicar no recreo. Aprender a tirar o trompo. Como o Colexio é o gran centro de aprendizaxe tamén aprendemos a tirar o trompo nestes días previos á grande época do ano (magosto, trompos. porquiño, abillar o viño, etc)

TODAS AS FOTOS AQUÍ

Category: aula  | 2 Comments
Mércores, Outubro 21st, 2015 | Author:

P1130349Como todos os últimos anos onte día 20 de outubro fomos á casa de Pepe, pois ten unha finca-horta-xardín onde se ve moi ben o outono e os seus froitos. Ensinounos todo, como sempre, moi ben: os castiñeiros,  as árbores froiteiras e as abellas… Este ano houbo unha novidade moi novidosa. Pepe apareceu no seu garaxe tocando un acordeón de teclas e deleitounos con dúas cancións.

AQUÍ TODAS AS FOTOS

Category: saídas  | 7 Comments
Xoves, Outubro 08th, 2015 | Author:

Como todos os cursos, este primeiro trimestre imos adicarlle tempo a 10 poemas, 5 en castelán e 5 en galego. Témolos que aprender de memoria. O primeiro foi de o de Jorge Manrique en castelán logo veu o de Yolanda Castaño en galego. Logo virán o resto que xa iremos coñecendo pouco a pouco para ao final facer cadan seu  caderniño e conservalos na casa como boa escolma de poemas. Xa sucedeu así o pasado curso. Tamén se comentan en clase.

Category: aula  | Comments off