Martes, Outubro 27th, 2015 | Author:

titanesSi xa vimos “Titanes, hicieron historia” (2000) de  Boaz Yakin con tema sobre o racismo e “Viaje alucinante” (1966) de Richard Fleischer sobre o interior do corpo humano e en concreto sobre o sistema circulatorio. Hoxe a primeira hora comezamos coa historia do cine visionando na aula de informática a película muda de Charles Chaplin de 1921 “The Kid” (O neno), impresionante de guión,  realización, montaxe e expresividade, sen palabras. Os nenos e nenas de 6º riron a cachón. Con outro mundo como entorno e outros recursos, 90 anos despois, Charlot segue facendo rir e pensar.

Así con dez películas mais durante este curso.

Category: Película
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

4 Responses

  1. 1
    Cristina 6º 

    Eu no magosto paseino moi ben porque o xogo que me tocou explicar entendino ben, era fácil e tamén moi divertido.
    Comín moitas castañas.
    O que mais me gustou foi cando tiven que explicarlle a os nenos e nenas de tres anos o xogo porque era como si fora unha nena pequena e estivera xogando.

  2. 2
    Uxía 6º 

    A min gustoume ver a película de Titanes hicieron historia e a de Charles Chapling porque foron moi divertidas e entretidas pero a que mais me gustou foi a de Charles Chaplin.

  3. 3
    Paula 6º 

    Vouvos dicir cales son as que máis me gustaron:
    1º->The kid (el niño).
    2º->El mago de Oz
    3º->Titanes hicieron historia.

    e as que quedan…..

  4. 4
    Cristina 6º 

    A película de Charles Chaplin”The Kid” encantóume porque era moi graciosa.
    A parte que mais me gustou foi o final porque ao final o neno atopou a súa nai e os tres(a nai, o fillo e Charles)viviron felices para sempre.