Archive for » Decembro, 2015 «

Martes, Decembro 22nd, 2015 | Author:

ChocolatadaComeza a ser costume que a ANPA organice unha chocolatada no Salón de Actos do colexio o derradeiro día de clase do ano  (este no 2015). Semella que tamén comezamos o engorde , o derradeiro día do curso, xusto antes da lotaría de Nadal.  Asistiron todos os nenos/as do cole así como nais/pais e profesores/as. Houbo tamén biscoitos, roscas  e chulas, todo riquísimo. tamén houbo fotos. Ata o vindeiro ano. Non o esquezades, comezaremos as clases o día 7 de xaneiro.

Todas as fotos aquí

Category: Sen categorizar  | Comments off
Xoves, Decembro 17th, 2015 | Author:

Fin de ano en Bos AiresOnte veu Patricio a explicarnos como era o nadal na súa terra: Bos Aires. Si veu de Arxentina cruzando o océano  Atlántico e díxonos que a noite de Nadal e fin de ano na súa grande cidade o ceo énchese, como na foto, de foguetes que estoupan.

Category: Sen categorizar  | Comments off
Luns, Decembro 14th, 2015 | Author:

P1130736No cole tamén temos no Nadal ao Apalpador que como todos sabedes é a figura galega que trae agasallos aos nenos. Temos outras figuras en España: o Olenchero en Cantabria, Euskadi e Navarra o tronco Caga Tio en Cataluña, etc. Nós este ano escribimos unha carta ao Apalpador pedíndolle cousas non consumistas, que non se poidan mercar, e metemos despois as cartas nunha caixa de correo. Momento en que o fotógrafo aproveitou e tirou as fotos.

TODAS AS FOTOS AQUÍ.

Category: aula  | One Comment
Martes, Decembro 01st, 2015 | Author:

Hoxe, 27-11-2015, foi un día histórico para o colexio: puxeron unha antena enriba do comedor que recibe sinal de internet do instituto CarlosP1130672 (copia) Oroza de Montecelo (onde está o hospital) mediante Wifi., o que vai incrementar o ancho de banda de internet no colexio e vai permitir,  entre outras cousas, que os ordenadores vaian máis rápidos, que nos apuntemos ao proxecto Abalar e moitas máis oportunidades, entre elas que os nenos e as nenas de Campañó non queden atrasados no seu futuro. Todo elo foi posible grazas a implicación de toda a parroquia que asinou hai dous anos un papel que se mandou a Madrid e tivo como consecuencia estas novas. Un  viva polos pais, nais, avós e avoas,  tíos, tías e todos as institucións de Campañó.

neira vilas _2Mais as noticias boas case sempre traen de compaña outras non tan boas. O mesmo día morría en Gres – Vila de Cruces – Pontevedra o gran escritor Xosé Neira Vilas. Escribiu entre outros Memorias dun neno labrego, o libro máis vendido da literatura galega, Cartas a Lelo e Os anos do Moncho. É tan importante este escritor que seguro que dentro de dez anos se celebrará o Día das Letras Galegas co seu nome.

Category: Sen categorizar  | One Comment