Martes, Decembro 01st, 2015 | Author:

Hoxe, 27-11-2015, foi un día histórico para o colexio: puxeron unha antena enriba do comedor que recibe sinal de internet do instituto CarlosP1130672 (copia) Oroza de Montecelo (onde está o hospital) mediante Wifi., o que vai incrementar o ancho de banda de internet no colexio e vai permitir,  entre outras cousas, que os ordenadores vaian máis rápidos, que nos apuntemos ao proxecto Abalar e moitas máis oportunidades, entre elas que os nenos e as nenas de Campañó non queden atrasados no seu futuro. Todo elo foi posible grazas a implicación de toda a parroquia que asinou hai dous anos un papel que se mandou a Madrid e tivo como consecuencia estas novas. Un  viva polos pais, nais, avós e avoas,  tíos, tías e todos as institucións de Campañó.

neira vilas _2Mais as noticias boas case sempre traen de compaña outras non tan boas. O mesmo día morría en Gres – Vila de Cruces – Pontevedra o gran escritor Xosé Neira Vilas. Escribiu entre outros Memorias dun neno labrego, o libro máis vendido da literatura galega, Cartas a Lelo e Os anos do Moncho. É tan importante este escritor que seguro que dentro de dez anos se celebrará o Día das Letras Galegas co seu nome.

Category: Sen categorizar
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

One Response

  1. 1
    David Osorio 

    Unha magnífica nova sen dúbida, as novas tecnoloxías son algo básico na educación dos nosos fillos, parabéns ao colexio e aos mestres que día a día traballades preparándoos para o futuro.

    Súmome ao pésame por Neira Vilas, a Cultura Galega perde a unha persoa irrepetible.