Archive for » Xaneiro, 2016 «

Mércores, Xaneiro 27th, 2016 | Author:

XadrezÉche unha actividade que  oferta a Rufiteca (Biblioteca) no recreo para todos os nenos e nenas de primaria deste colexio. Estes días as mesas están que arden de tanto uso. Tivemos que usar mesas da propia biblioteca para atender á enorme demanda de xadrecistas no recreo. O máis importante, por agora, é que todos saiban colocar o taboleiro co cadro branco cara a dereita e mover todas as pezas. Xa chegará a hora das endiañadas estratexias de xogo. Os maiores xa saben algo do plantexamento das saídas. Tamén saben que as brancas sempre saen primeiro e se sortea ao principio de todo, quen ten as brancas. Este antigo xogo, o xadrez, é todo un éxito actual no colexio. Os profes e as profas xa sabemos que o xadrez ten a propiedade  de sublimar toda a enerxía bélica dos nenos nun deporte que estimula nada menos que a intelixencia.

Category: aula  | 2 Comments
Martes, Xaneiro 19th, 2016 | Author:

velocimetroTemos que cualificar este día de histórico pois está aí o futuro en forma de ancho de banda. Despois de tantos esforzos de pais/nais e institucións de Campañó. Quedamos alucinados os que estabamos na sala de profes, hoxe pola tarde, ao ver isto que sae na foto. Usando dous velocímetros distintos, o de (R) e o da Xunta, daba unha velocidade de subida superior á de baixada. Nin tan sequera é unha conexión simétrica, cuxa velocidade de baixada é de subida son iguais. A de subida é superior á de baixada e iso que esa é incrible para o que estabamos acostumados: 13 Mb de baixada. Incrible e dentro de pouco segundo prometeron haberá unha conexión de 100 Mb. Xa podemos solicitar o proxecto Abalar .

Category: aula  | Comments off
Venres, Xaneiro 15th, 2016 | Author:

IMG_0418Podería ser coma outro día calquera, sen acontecementos importantes, sen brillo. Pero non foi así. Hoxe pasaron dúas cousas importantes na clase. Jabier  instalounos un portátil onde poderemos ver películas e internet en pantalla grande e comezamos o experimento das mazas. Onte veu Saleta, a bióloga de Pontenciencia,  para dicirnos que pederiamos facer unha investigación sobre alimentos por fóra e n paralelo ao premio de Pontenciencia, como moitos coles. Aceptamos como non! Imos presentar os datos e as conclusións  do noso estudio con gráficas que teremos que estudar na clase de matemáticas e na aula de informática durante o tempo que queda ata  a exposición de Ponteciencia. O luns comezamos cunha balanza para medir a perda de peso das mazás e tirar conclusións. Imos participar todos nos apuntamentos das observacións.

Todas as imaxes AQUÍ

Como se observa nas fotos imos realizar a investigación con tres mazas dunha froitaría normal (chamarémoslles mazás industriais, supoñemos tratadas con produtos químicos) e tres mazás coa etiqueta de ecolóxicas (chamarémoslles mazás ecolóxicas). a hipótese de partida é: que as mazas industriais durarán moito mais e terán os fungos( balor)   máis tarde. as ecoloxicas ou naturais, sen ser tratadas con produtos químicos, terán antes o balor.

Imos tomar todas as precaucións incluso poñer luvas de cirurxán para non contaminar as mostras cos residuos das mans e alterar os resultados.

Category: aula  | One Comment
Xoves, Xaneiro 07th, 2016 | Author:

Despois deste breve tempo vacacional comezamos de novo o curso 2015-2016 con novo ano 2016..

 

Benvidos/as de novo ao ano 2016

Category: aula  | 2 Comments