Mércores, Xaneiro 27th, 2016 | Author:

XadrezÉche unha actividade que  oferta a Rufiteca (Biblioteca) no recreo para todos os nenos e nenas de primaria deste colexio. Estes días as mesas están que arden de tanto uso. Tivemos que usar mesas da propia biblioteca para atender á enorme demanda de xadrecistas no recreo. O máis importante, por agora, é que todos saiban colocar o taboleiro co cadro branco cara a dereita e mover todas as pezas. Xa chegará a hora das endiañadas estratexias de xogo. Os maiores xa saben algo do plantexamento das saídas. Tamén saben que as brancas sempre saen primeiro e se sortea ao principio de todo, quen ten as brancas. Este antigo xogo, o xadrez, é todo un éxito actual no colexio. Os profes e as profas xa sabemos que o xadrez ten a propiedade  de sublimar toda a enerxía bélica dos nenos nun deporte que estimula nada menos que a intelixencia.

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

2 Responses

  1. 1
    Uxía 6° 

    O xadrez é moi entretido e moi divertido. Encántame.

  2. 2
    Javier 

    A min tamén me gusta xogar ao xadrez, pero aínda non encontrei un rival que queira xogar contra min. Deberíamos montar un torneo de xadrez 😉