Archive for » Abril, 2016 «

Xoves, Abril 28th, 2016 | Author:

P1140831Os de Campañó tivemos dous días de convivencia cos de A Fonsagrada, e os de Pontevedra (Lérez e Xeve), dous diazos de temperatura e sen choiva. Onte día 27 rematou a visita dos de A Fonsagrada  a Pontevedra. Levámolos  a coñecer o do que carecen alí no interior:  mar e castelos. Co mar eliximos A Lanzada e a súa contorna. De castelos eliximos o de Soutomaior co seu incrible personaxe Pedro Madruga. Na Lanzada disfrutaron coa area e tanta auga do mar (“debaixo hai mais”). No Castelo de Soutomaior , coñeceron o xardín exterior e subiron polo paseo da garda. Si, onde están as almeas defensivas e subían coa aquela pesada malla, o casco e a bésta, defendendo o castelo dos atacantes. Tamén o viron por dentro.

No ano 2009 xa tiveramos unha convivencia cos de A Fonsagrada, e dicir, non é a primeira vez que imos alá e nos trataronnos ben, tan ben que os días 9 e 10 de maio, recuncaremos.

Todas as fotos do 1º día AQUÍ

Todas as fotos do 2º día AQUÍ

Category: Sen categorizar  | One Comment
Luns, Abril 04th, 2016 | Author:

salon do libroOs de 6º fomos ao XVII  Salón do Libro Infantil e Xuvenil en dous taxis. Non era para menos con ese cartelazo de María Álvarez “Yupiyeyo”.  Catro co profe nun e tres noutro taxi. Chegamos ben de tempo. E tíñanos preparado un obradoiro de Ciencia adicada aos bichos máis comúns que atacaron de sempre os nosos alimentos máis coñecidos, como o millo as fabas, os piñeiros ou os repolos. As dúas rapazas da Misión Biolóxica, Pilar e Ana, e por tanto pertencentes ao CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), foron moi competentes en coñecementos e uso de instrumentos, explicaronnos que as plantas que nós comemos tamén son desexadas por outros “bichos” e como este ano o Salón vai de bichos ven a conto investigalos cientificamente. Estaban armadas  de lupas binoculares, lupas normais e mostras resgardadas de toda canta bichería iamos investigar en placas de Petri. Vimos pola lupa vermes que se convertirían en volvoretas ou abelaíñas e gurgullos coa súa portentosa boca.A radio Galega fíxolle unha entrevista a tres rapaces e escoitouiso no Diario Cultutal ás 15: 15. Explicáronnos a metamorfose dos insectos e invitáronnos a investigar algunha larva dentro dun bote. Concluímos que todos os alimentos en forma de planta son desexados por moitos animais.
Logo o monitor Poldo nos levou a ver a exposición de traballos do Salón.”Flipamos”. Estaba todo decorado con motivos das ilustracións do libro de Ledicia Costas  “As peripecias de Extravaganzza Pérez”que nos invitou a ler. Tamén nos convidou  e a vir pola tarde ao Salón que segue habendo moitas actividades. Viñemos, de novo nos taxis, para o Colexio e aínda  fomos á clase de plástica.

TODAS AS FOTOS AQUÍ

Category: saídas  | 6 Comments
Luns, Abril 04th, 2016 | Author:

la vida es bellaOnte rematamos de ver a película “Bailando con lobos”. Moi emotiva, sobre todo ese gran final.  Comezamos outra que creo que é tan fermosa como a anterior e é ben coñecida. Trátase de:  “La vida es bella” o conto  antinazi de Roberto Benigni. Si amiguiños/as a pesar dos pesares a vida é bela. Escoitase “princesa” por todas partes. Non se ve unha pinga de sangue nin está presente a morte como na realidade real en toda a película que ademais ocorre no lugar máis terrible que se coñece dos nazis: un campo de internamento de xudeos onde morrían todos os días decenas de homes e mulleres. Ten dúas partes ben diferenciadas: a cómica e a tráxica. Pero mesmo a parte tráxica é moi levadeira porque Güido (Benigni) faina cómica coa complicidade dos presos do campo. A película é marabillosa. Ten moito tipo de planos e recursos narrativos preciosos. Ten dúas elipses impresionantes. E un final, non por  moi agardado, nada feo e ben filmado. Faremos unha ficha de observacións da película. Medio mundo quedou prendado desta película.
A seguinte película que veremos será de debuxos animados e xaponesa dos sonados estudos “Ghibli”. Demostraremos que os debuxos animados non son só para nenos pequenos. Poden tratar calquera tema.

.”

Category: Película  | 4 Comments
Venres, Abril 01st, 2016 | Author:

P1140596Onte Alberto emocionounos, tamén ao profe. Onte estivo Alberto cos de 6º. Desta vez estabamos todos, pois xa viñera antes das vacacións e faltaban dous rapaces. Quen é Alberto? É unha especie de monitor que fai que os nenos se expresen por escrito e logo publica a súa produción no xornal en papel “O cartafol do Lérez” ou na páxina web do “Cartafol do Lérez”. Xa o ano pasado viñera polo centro (ver neste blog a entrada: “O paraugas amarelo”). Hai algo publicado no nº 7 do “Cartafol”, pero este ano superouse. Na primeira vez que veu ao cole neste curso dixo que estaba moi contento da participación do ano pasado. sonuncabaloVamos que construían uns textos de bo nivel. Por iso este ano ía ser moi dificil. Nada mais e nada menos que mirar a realidade a través dos sentidos dun animal coma no conto “Son un cabalo” de Gonzalo Moure. Fíxolles elixir un animal a cada rapaz, e desde as 12:30 ás 14 h de onte xoves 31 de marzo, axudoulles a compoñer un texto moi difícil para a súa idade. Regalounos uns 14 libros de Kalandaka para a nosa biblioteca e traerá un xornal para cada neno. Si este ano tamén deixou un lote de libros da editorial Kalandraka para a nosa Rufiteca.  En vista da calidade de algúns dos traballos co animal, Alberto, mandoulles facer un novo exercicio:  que vían mal e ben na súa parroquia Campañó. Os rapaces quedaron encantados e divertíronse moito coa visita de Alberto é así llo que manifestaron. Prometeu vir de novo ao cole para recoller os traballos sobre a parroquia.

todas as fotos AQUÍ

Category: aula  | 4 Comments