Venres, Abril 01st, 2016 | Author:

P1140596Onte Alberto emocionounos, tamén ao profe. Onte estivo Alberto cos de 6º. Desta vez estabamos todos, pois xa viñera antes das vacacións e faltaban dous rapaces. Quen é Alberto? É unha especie de monitor que fai que os nenos se expresen por escrito e logo publica a súa produción no xornal en papel “O cartafol do Lérez” ou na páxina web do “Cartafol do Lérez”. Xa o ano pasado viñera polo centro (ver neste blog a entrada: “O paraugas amarelo”). Hai algo publicado no nº 7 do “Cartafol”, pero este ano superouse. Na primeira vez que veu ao cole neste curso dixo que estaba moi contento da participación do ano pasado. sonuncabaloVamos que construían uns textos de bo nivel. Por iso este ano ía ser moi dificil. Nada mais e nada menos que mirar a realidade a través dos sentidos dun animal coma no conto “Son un cabalo” de Gonzalo Moure. Fíxolles elixir un animal a cada rapaz, e desde as 12:30 ás 14 h de onte xoves 31 de marzo, axudoulles a compoñer un texto moi difícil para a súa idade. Regalounos uns 14 libros de Kalandaka para a nosa biblioteca e traerá un xornal para cada neno. Si este ano tamén deixou un lote de libros da editorial Kalandraka para a nosa Rufiteca.  En vista da calidade de algúns dos traballos co animal, Alberto, mandoulles facer un novo exercicio:  que vían mal e ben na súa parroquia Campañó. Os rapaces quedaron encantados e divertíronse moito coa visita de Alberto é así llo que manifestaron. Prometeu vir de novo ao cole para recoller os traballos sobre a parroquia.

todas as fotos AQUÍ

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

4 Responses

  1. 1
    Paula 6º 

    Haber que libros escollen óxala vaia ao Cartafol o meu. Algúns non me gustaron, pero os demais estiveron ben. O conto que máis me gustou aparte do meu foi o do meu compañeiro Ismael.

  2. 2
    Cristina 6º 

    Gustoume poder traballar con Alberto e espero que o meu conto salga no Cartafol.

  3. 3
    Uxía 6º 

    A min gustoume este ano o que había que facer para o “Cartafol do Lérez” por que a min me encántan os animais e tamén o que había que facer e Alberto foi moi boa xente.

  4. 4
    Soraya 6 

    Pensei que ia ser máis difícil meterse no personaxe de un can para facer un conto do animal que queriamos. A min gustoume facer o conto. O conto que máis me gustou foi o da miña compañeira Paula. Eu penso que no “Cartafol de Lérez” vai saír o conto da miña compañeira Paula.