Luns, Abril 04th, 2016 | Author:

salon do libroOs de 6º fomos ao XVII  Salón do Libro Infantil e Xuvenil en dous taxis. Non era para menos con ese cartelazo de María Álvarez “Yupiyeyo”.  Catro co profe nun e tres noutro taxi. Chegamos ben de tempo. E tíñanos preparado un obradoiro de Ciencia adicada aos bichos máis comúns que atacaron de sempre os nosos alimentos máis coñecidos, como o millo as fabas, os piñeiros ou os repolos. As dúas rapazas da Misión Biolóxica, Pilar e Ana, e por tanto pertencentes ao CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), foron moi competentes en coñecementos e uso de instrumentos, explicaronnos que as plantas que nós comemos tamén son desexadas por outros “bichos” e como este ano o Salón vai de bichos ven a conto investigalos cientificamente. Estaban armadas  de lupas binoculares, lupas normais e mostras resgardadas de toda canta bichería iamos investigar en placas de Petri. Vimos pola lupa vermes que se convertirían en volvoretas ou abelaíñas e gurgullos coa súa portentosa boca.A radio Galega fíxolle unha entrevista a tres rapaces e escoitouiso no Diario Cultutal ás 15: 15. Explicáronnos a metamorfose dos insectos e invitáronnos a investigar algunha larva dentro dun bote. Concluímos que todos os alimentos en forma de planta son desexados por moitos animais.
Logo o monitor Poldo nos levou a ver a exposición de traballos do Salón.”Flipamos”. Estaba todo decorado con motivos das ilustracións do libro de Ledicia Costas  “As peripecias de Extravaganzza Pérez”que nos invitou a ler. Tamén nos convidou  e a vir pola tarde ao Salón que segue habendo moitas actividades. Viñemos, de novo nos taxis, para o Colexio e aínda  fomos á clase de plástica.

TODAS AS FOTOS AQUÍ

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

6 Responses

  1. 1
    Cristina 6º 

    A min encantoume o Salón do Libro. O que máis me gustou foi cando fixemos o taller sobre os insectos con Ana e con Pilar porque o pasei ben e ademais aprendín moitas cousas.

  2. 2
    Paula 6º 

    Encantoume ese obradoiro foi moi divertido aprendín moitas cousas aparte estamos facendo o experimento de Ponteciencia e sérvenos un pouco de exemplo. Estivo xenial o da sala de ir cos ollos pechados tiña moitas ganas de ir!
    Non me gustou non poder disfrutar dalgunhas cousas por exemplo a xente viña cada vez que íamos entrar entón foi un pouco breve todo.
    Este ano o salón estivo adicado Estravaganzza Peréz aínda non lin ese libro pero espero poder lelo algunha vez.

    Paula

  3. 3
    Uxía 6º 

    A min gustoume o Salón do Libro porque foi moi divertido e moi bonito.O que mais me gustou foi a sala de estar cos olllos pechados e a sala das exposicións e o que non me gustou foi que había que esperar para entrar nas salas.

  4. 4
    Soraya 6 

    O luns fomos de excursión ao Salón do Libro. Este ano ía de bichería. Gustoume a primeira sala que ía de tipos de bichería e as obras que fixeron outros colexios.

  5. A min encantoume o Salón do Libro. As dúas cousas que máis me gustaron foron: cando estuvemos nunha sala de investigacións onde había bichos que podiamos ver por lupas binoculares e a outra cousa que máis me gustou foi mirar os traballos dos outros nenos.

  6. 6
    Ismael 6º 

    A min gustoume moito o Salón do Libro deste ano porque aprendín moito no obradoiro chamado (Océano de Verdura) e ademais encántanme os animais. O libro que nos ensinaron (que se chama “As peripecias de Estravaganzza Pérez” ten moi boa pinta e espero poder volver ir o ano que ven, co instituto.