Luns, Abril 04th, 2016 | Author:

la vida es bellaOnte rematamos de ver a película “Bailando con lobos”. Moi emotiva, sobre todo ese gran final.  Comezamos outra que creo que é tan fermosa como a anterior e é ben coñecida. Trátase de:  “La vida es bella” o conto  antinazi de Roberto Benigni. Si amiguiños/as a pesar dos pesares a vida é bela. Escoitase “princesa” por todas partes. Non se ve unha pinga de sangue nin está presente a morte como na realidade real en toda a película que ademais ocorre no lugar máis terrible que se coñece dos nazis: un campo de internamento de xudeos onde morrían todos os días decenas de homes e mulleres. Ten dúas partes ben diferenciadas: a cómica e a tráxica. Pero mesmo a parte tráxica é moi levadeira porque Güido (Benigni) faina cómica coa complicidade dos presos do campo. A película é marabillosa. Ten moito tipo de planos e recursos narrativos preciosos. Ten dúas elipses impresionantes. E un final, non por  moi agardado, nada feo e ben filmado. Faremos unha ficha de observacións da película. Medio mundo quedou prendado desta película.
A seguinte película que veremos será de debuxos animados e xaponesa dos sonados estudos “Ghibli”. Demostraremos que os debuxos animados non son só para nenos pequenos. Poden tratar calquera tema.

.”

Category: Película
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

4 Responses

  1. 1
    Paula 6º 

    Gustoume pero pareceume un pouco forte que morrera Waldo pero hai unha elipse que me encantou, pareceume xenial!

  2. 2
    Cristina 6º 

    Encantoume esta película tiña partes moi divertidas.
    A parte que mais me gustou foi cando houbo unha elipse e saiu o neno co tanque na man. A parte que menos me gustou foi cando no último día da guerra mataron ao pai, pero o demais encantoume.

  3. 3
    Soraya 6 

    O que máis me gustou da pelicula foi que o neno e a nai puideran salvarse e o que non me gustou foi que mataran ao pai do neno.

  4. 4
    Uxía 6º 

    A min gustoume esta película porque foi moi divertida por unha parte pero por outra parte foi triste cando mataron a Güido. A parte que máis me gustou foi a imaxen do final e cando houbo unha elipse do neno saíndo co tanque na man.