Xoves, Abril 28th, 2016 | Author:

P1140831Os de Campañó tivemos dous días de convivencia cos de A Fonsagrada, e os de Pontevedra (Lérez e Xeve), dous diazos de temperatura e sen choiva. Onte día 27 rematou a visita dos de A Fonsagrada  a Pontevedra. Levámolos  a coñecer o do que carecen alí no interior:  mar e castelos. Co mar eliximos A Lanzada e a súa contorna. De castelos eliximos o de Soutomaior co seu incrible personaxe Pedro Madruga. Na Lanzada disfrutaron coa area e tanta auga do mar (“debaixo hai mais”). No Castelo de Soutomaior , coñeceron o xardín exterior e subiron polo paseo da garda. Si, onde están as almeas defensivas e subían coa aquela pesada malla, o casco e a bésta, defendendo o castelo dos atacantes. Tamén o viron por dentro.

No ano 2009 xa tiveramos unha convivencia cos de A Fonsagrada, e dicir, non é a primeira vez que imos alá e nos trataronnos ben, tan ben que os días 9 e 10 de maio, recuncaremos.

Todas as fotos do 1º día AQUÍ

Todas as fotos do 2º día AQUÍ

Category: Sen categorizar
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

One Response

  1. 1
    Uxía 6º 

    A min gustoume ir a esas dúas excursións porque foron moi divertidas e paseino moi ben cos meus compañeiros e cos nenos e nenas de Lérez.