Archive for » Maio, 2016 «

Venres, Maio 27th, 2016 | Author:

DSC00141Todas as cidades europeas tiveron o seu primeiro ensanche da cidade despois de derrubar a muralla medieval no século XIX. Pontevedra tamén, e correu a cargo do arquitecto Sesmero que fixo varios edificios fermosísimos nos arredores da casa do concello. Diseñou e construíu o edificio actual do Concello cunha escalinata interior igual que a da alameda que tamén diseñou  e leva o seu nome. O edificio da Diputación coa súa fermosa escalinata, o palacete das Mendozas, o edificio que foi Delegación de Educación, o colexio que está no xardín “das Palmeiras” e que agora pertence ao Ministerio de Defensa.   O segundo ensanche  xa foi no medio do século XX e o terceiro supón unha reorganización da cidade a partir de sustitución da antiga estación do  ferrocarril por unha nova (1966)  cun novo trazado da vía para que non estorbe a expansión da cidade. Aínda que  os ensanches máis famosos e sonados foron os de Barcelona co trazado hixiénico en diagonal ou o de Madrid na Cidade Liñal,  Pontevedra tamén deu cabida a sedimentación dos emigrantes do campo, neste caso as aldeas, en moitos lugares que corresponden aos sucesivos ensanches. Deso tratou a nosa saida do 20 de maio.

Todas as fotos AQUÍ

 

Category: Sen categorizar  | Comments off
Xoves, Maio 05th, 2016 | Author:

P1150105Se puxestes xestas no garaxe ou no coche saberedes que pasaredes un maio sen amaiar. Fomos ata Berlín ou non? falamos con xente que vive e estuda alá? Tamén tiñamos á nosa Cristina en Londres coa súa familia e o Támesis. A primeira nova deste maio de 2016 é que Campañó gañou no Concurso de Maios de Pontevedra o 1º premio ao mellor maio. A segunda nova é que onte viñeron Josinho  e  Quique e ensináronnos,  na 2ª sesión de regueifas, as rimas en asonante e consonante das coplas populares de 8 sílabas e a súa confección. Tamén falamos por videoconferencia con Sol Mcuman en Berlín.  Houbo una sorpresa moi grande, Palmira, que non podía faltar, fíxonos pan artesán, como se facía antes. Coceu e amasou  cadanseu bolo, para 45 que eramos na videoconferencia, (Cos de Lérez e Xeve) veu a Campañó sen durmir. Pasou a noite en branco para nos facer pan e dárnoslo.

Todas as fotos AQUÍ

Category: aula  | 6 Comments
Mércores, Maio 04th, 2016 | Author:

P1150063Onte fomos con Saleta a bióloga, unha becaria experta en mamíferos, o especialista en bolboretas que fixo o estudo sobre as bolboretas no ENIL e María a do Concello a ver as Xunqueiras do Alba. Despois de dúbidas de encontro con Ponte Magueiro e Pontecabras comezamos e descubrimos moitas cousas: os fiúnchos con que se fan os maios, a  vexetación e o estreitamento das Xunqueiras, o cambio de salinidade e as adaptacións que teñen que facer os animais e as plantas, as cores brillantes de algunhas flores para chamar a atención dos insectos para ser polinizadas,  como pode ser enganada a enorme territorialidade  dos paporrubios cun móbil, a existenza de orquídeas no espazo protexido, o estudado que está o ENIL, e moitas máis cousas que aprendemos deste paraiso. Vimos tamén tres peregrinas de Noruega que ían de Porto a Compostela e varios militares medindo cun hodómetro… chegamos andando ao cole, algo cansos, pois o día saiu moi bo e ía moita calor.

Todas las fotos AQUÍ

Category: saídas  | 4 Comments
Martes, Maio 03rd, 2016 | Author:

P1140896Xa sei que diredes QUE SE NOS PERDEU EN XEVE? Pois fomos  en taxi a recibir o 1º obradoiro de Regueifas a cargo de Josinho e Quique . Eran unha marabilla rimando improvisadamente sobre a situación presente. Dixéronnos que a Regueifa é de procedencia árabe e consiste nun pan de voda. Tamén dixeron que non hai cultura humana que non improvise cantando coplas.  Desde Cuba a Andalucía ou Murcia ou os negros americanos co sue rap. Aquí os galegos, era cousa de homes, improvisaban sobre a situación e con certa retranca ( que é o que nos distingue). E gañaban a regueifa. Co tempo chamáronlles regueiferos aos que cantaban improvisadamente as coplas.  Dixéronnos  que improvisan é en copla popularde catro versos de oito sílabas ( octosílabos) deixando en branco o primeiro e o terceiro verso e rimando os pares en consonante ou en asonante, os nenos e nenas depois de explicalo de novo entendérono. Interesantísimo. Virán outro día ao noso cole.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Luns, Maio 02nd, 2016 | Author:

P1140945Hoxe moi cedo fomos a Pontevedra en autobús . Fomos á Ferraría. a participar en Correlingua. Só tivemos que levar a autorización pois o autocar que nos levou e nos trouxo foi de balde (pagouno a organización). Alá levamos as nosas pancartiñas, cos nosas palabras en galego os de 1º,2º 4º e 6º de Primaria de Campañó. Na praza da Ferraría agardaba no palco os tres membros de Talía teatro que presentaron logo fomos facer o percorrido pola rúas de Pontevedra levando a nosa mensaxe de lingua. saímos da: Praza da Ferraría, e fomos por Rúa San Román, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, Rúa Serra, Rúa San Xulián, Praza Real, Rúa Ponte, Rúa de San Nicolás, Praza Cinco Rúas, Rúa Paio Gómez Chariño, Rúa Bastida, Rúa Michelena, Porta Trabancas, Praza da Ferraría. Nela un grupo de rock bravú moi movido que se chamaba Grupo Cantalingua: Livio de Marrao actuaron despois de seren presentados formalmente por Talia Teatro. Despois houbo os agasallos de libros das librarías para os colexios, o saúda do concelleiro e o organizador e a agardada solta de globos grandes que se perden no ceo como una esperanza de futuro e levan as intencións de pervivencia da nosa lingua onde queiran os ventos para que logo algún cantante diga que “a reposta está no vento”.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | 2 Comments