Luns, Maio 02nd, 2016 | Author:

P1140945Hoxe moi cedo fomos a Pontevedra en autobús . Fomos á Ferraría. a participar en Correlingua. Só tivemos que levar a autorización pois o autocar que nos levou e nos trouxo foi de balde (pagouno a organización). Alá levamos as nosas pancartiñas, cos nosas palabras en galego os de 1º,2º 4º e 6º de Primaria de Campañó. Na praza da Ferraría agardaba no palco os tres membros de Talía teatro que presentaron logo fomos facer o percorrido pola rúas de Pontevedra levando a nosa mensaxe de lingua. saímos da: Praza da Ferraría, e fomos por Rúa San Román, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, Rúa Serra, Rúa San Xulián, Praza Real, Rúa Ponte, Rúa de San Nicolás, Praza Cinco Rúas, Rúa Paio Gómez Chariño, Rúa Bastida, Rúa Michelena, Porta Trabancas, Praza da Ferraría. Nela un grupo de rock bravú moi movido que se chamaba Grupo Cantalingua: Livio de Marrao actuaron despois de seren presentados formalmente por Talia Teatro. Despois houbo os agasallos de libros das librarías para os colexios, o saúda do concelleiro e o organizador e a agardada solta de globos grandes que se perden no ceo como una esperanza de futuro e levan as intencións de pervivencia da nosa lingua onde queiran os ventos para que logo algún cantante diga que “a reposta está no vento”.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

2 Responses

  1. 1
    Uxía 6º 

    A min gustoume ir ao Correlingua con 1º, 2º e 4º porque foi moi divertido. Paseino moi ben e tamén me gustou que cada un de nós levara a pancarta que fixemos.

  2. 2
    Soraya 6º 

    O luns fomos de excursión ao correlingua o pasei moi ben gustou me por que o pasi moi ben.