Mércores, Maio 04th, 2016 | Author:

P1150063Onte fomos con Saleta a bióloga, unha becaria experta en mamíferos, o especialista en bolboretas que fixo o estudo sobre as bolboretas no ENIL e María a do Concello a ver as Xunqueiras do Alba. Despois de dúbidas de encontro con Ponte Magueiro e Pontecabras comezamos e descubrimos moitas cousas: os fiúnchos con que se fan os maios, a  vexetación e o estreitamento das Xunqueiras, o cambio de salinidade e as adaptacións que teñen que facer os animais e as plantas, as cores brillantes de algunhas flores para chamar a atención dos insectos para ser polinizadas,  como pode ser enganada a enorme territorialidade  dos paporrubios cun móbil, a existenza de orquídeas no espazo protexido, o estudado que está o ENIL, e moitas máis cousas que aprendemos deste paraiso. Vimos tamén tres peregrinas de Noruega que ían de Porto a Compostela e varios militares medindo cun hodómetro… chegamos andando ao cole, algo cansos, pois o día saiu moi bo e ía moita calor.

Todas las fotos AQUÍ

Category: saídas
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

4 Responses

  1. 1
    Paula 6º 

    A min esta excursión pareceume moi cansa pero gustoume ver todo o que vimos.

  2. 2
    Uxía 6º 

    A min gustoume ir ao ENIL porque aprendín moito con Saleta e Sheila e foi divertido. O que máis me gustou foi cando Saleta co seu móbil fixo que cantara un paporrubio e mirar as Xunqueiras polo mirador e o que menos me gustou foi andar tanto porque non estou acostumbrada.

  3. 3
    Soraya 6º 

    Honte fomos ao enil das xunqueisa do Alba gustou me ir por que o pasei moi ben e o que mais me gustou foi os son das ras e ver o paporibio e as bolboretas.

  4. 4
    Ismael 6º 

    Nesta saída o pasei moi ben porque me divertín moito vendo os animais e escoitándoos pero tamèm aprendín moito aunque non atendera nalgùns momentos ao buscar animais e sin dúbida repetirìa a saída.