Xoves, Maio 05th, 2016 | Author:

P1150105Se puxestes xestas no garaxe ou no coche saberedes que pasaredes un maio sen amaiar. Fomos ata Berlín ou non? falamos con xente que vive e estuda alá? Tamén tiñamos á nosa Cristina en Londres coa súa familia e o Támesis. A primeira nova deste maio de 2016 é que Campañó gañou no Concurso de Maios de Pontevedra o 1º premio ao mellor maio. A segunda nova é que onte viñeron Josinho  e  Quique e ensináronnos,  na 2ª sesión de regueifas, as rimas en asonante e consonante das coplas populares de 8 sílabas e a súa confección. Tamén falamos por videoconferencia con Sol Mcuman en Berlín.  Houbo una sorpresa moi grande, Palmira, que non podía faltar, fíxonos pan artesán, como se facía antes. Coceu e amasou  cadanseu bolo, para 45 que eramos na videoconferencia, (Cos de Lérez e Xeve) veu a Campañó sen durmir. Pasou a noite en branco para nos facer pan e dárnoslo.

Todas as fotos AQUÍ

Category: aula
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Both comments and pings are currently closed.

6 Responses

  1. 1
    Uxía 6º 

    Paseino moi ben cos de Lérez e Xeve na videoconferencia e tamén facendo regueifas outra vez.

  2. 2
    Cristina 6º 

    Eu non estiven ese día, pero encantaríame estar.

  3. 3
    Paula 6º 

    Gustoume moito ese día pero moitísimo máis ir dormir A Fonsagrada porque aínda que non estiven cos de A Fonsagrada teño unha amiga alí que se chama Laura.

  4. 4
    Ismael 6º 

    Aquel dìa o pasei moi ben porque foi moi divertido ver outra vez aos meus amigos de Lérez e aprendín moito de Palmira e me encantaría repetilo.

  5. 5
    Soraya 6º 

    Gustoume que viñeran porque o pasei moi ben e porque fixen un amigo que se chama Alex.

  6. A min encantoume moito estar cos de Lérez e os de Xeve paseino moi en bomba. Empezamos a falar pero ao acabar comimos un cachiño de pan.