Author Archive

Mércores, Xuño 22nd, 2016 | Author:

P1150565Estivo cheo de cousas noticiables. En primeiro lugar o compromiso: o bar Corredoira que a partir do 1 de xullo vai dar os DVDs a todos os nenos/as de 6º que llos pidan. En segundo lugar os xogos preparados polo noso profe de Educación Física, Rafa. (foron todo un éxito) e en terceiro lugar as fiestukis que se celebraron en cada clase ou corredor do colexio. E así foi o derradeiro día dos de 6º no colexio. Para facer tempo e como non tiñamos mochila, estivemos no recreo dúas sesións xogando ao que nos petou. Logo ao autobús e para casa con vacacións que en setembro “péchase esta porta e ábrese outra”.

Aquí todas as fotos.

Category: aula  | One Comment
Martes, Xuño 21st, 2016 | Author:

P1150439Hoxe foi o derradeiro día de clase oficial e polo tanto de DESPEDIDA dos alumnos/as de 6º. Todos/as estaban moi elegantes. Houbo bicos de despedida  Houbo agasallos dos profes ao profe e houbo baile noso ben lucido. Tamén houbo alfombra rosa con música e baile dos de 4ª que nos acompañaron.  Foi unha boa despedida. Veu a filla do profe a tirar as fotos  que están abaixo no enlace. Tamén houbo algunha que outra bágoa. Presentou todo o acto Uxía.

AQUÍ todas as fotos dunha das cámaras que gravaron o acto..

AQUÍ todas as fotos da  outra cámara.

Category: aula  | One Comment
Sábado, Xuño 18th, 2016 | Author:

DSC00516É un mozo de orixe sirio-senegalesa que se comunicou con nós desde Berlín  por videoconferencia o día 4 de maio deste ano. Sorprendeunos que non fora galego e que falara tan ben o noso idioma. Quixo coñecernos físicamento non só virtualmente. e alá veu. O día 18 de xuño estivo en Lérez e o vimos en persoa e díxonos, aparte de outras moitas,  unha cousa moi curiosa que dá moito para pensar: aprendeu primeiro o galego e logo o castelán. (gústanlle moito os idiomas). Un bo exemplo a imitar.

 

Todas as fotos AQUí

Category: Sen categorizar  | Comments off
Mércores, Xuño 15th, 2016 | Author:

DSC00472É un operador de cámara, o encargado nunha película de que a cámara filme o que quere o director. Seu nome aparecerá nos créditos do final do audiovisual e pode ser un oficio bo para moitos nenos e moitas nenas de Campañó. Por suposto que ten que ter unha boa preparación e coñecer ben a linguaxe audiovisual.

Juan Carlos estivo hoxe no noso cole e falounos da cantidade de persoas que ten que contratar una película. Trouxo todos os elementos técnicos para filmar e fixo unha filmación iante de nós con artistas principais, iluminador, operadores de cámaras, claquetista e técnico de son. Filmaron unha escena dunha peli de zombis.  A escena daránola no cole.despois de un pouco de posprodución (vai facer un pequeno efecto especial vai suplantar a cara dun actor por outra distinta)

Todas as fotos AQUÍ

Category: aula  | Comments off
Xoves, Xuño 09th, 2016 | Author:

DSC00456.redimensionadoHoxe, día 8 de xuño de 2016, fomos de novo a Xeve en taxi, que para nós resulta moito máis barato que o autobús. Por suposto que o protagonista é Manuel Antonio, o poeta. Manuel Veiga, o seu biógrafo que viña de Vigo,  fixo unha exposición moi breve da vida de Manuel Antonio. Logo fíxonos ler moitos dos seus poemas que constan na xúa biografía e que forman parte do acertada e atinada que é para estas idades. Cando chegamos ía emitir Onda 0 e desde a mesa falounos un famoso rapero ou cantante de  hip hop que  forma  parte do grupo “Dios ke te Crew” e chámase García MC. Moi asisado e moi sabio para a  pouca idade  que ten. Despois da charla de García fomos a amplio patio que teñen os de Xeve. Logo entramos para escoitar a Manuel Veiga. Viñémonos de esta estupenda mañá para a nosa casa, o colexio de Campañó.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Xoves, Xuño 09th, 2016 | Author:

DSC00436O sábado día 4 tamén estivemos en Pontenciencia.Era o día das investigacións que fan as familias. Fóra, había unha especie de maratón para gladiadores pero nós fomos a Pontenciencia.  Non perdemos a mañá pois vimos unha familia que adaptaba o linguaxe de programación Scratch (que demos o ano pasdo) a placas Arduino. O noso profe tomou nota e falou coa familia para recabar datos. Tamén puidemos ir a todas as actividades que onte non puideramos ir. Logo deron os premios e a nós correspondeunos un accesit de 100 € que por suposto vai ir en forma de libros para a nosa Rufiteca. Por último houbo un pincho con zume ou auga e para casa ata o luns.

Grazas ao Concello polos desvelos e o transporte a Saleta, Purificación e Vanesa que nos distintos campos estiveron a altura adecuada.

Todas as fotos deste día AQUÍ

Category: saídas  | Comments off
Venres, Xuño 03rd, 2016 | Author:

DSC00330Estivo moi ben que os nenos e nenas de 6º do CEIP Parada-Campañó expuxeran aos xuíces e ao público, a súa investigación das follas “paneis solares das plantas”. Explicaron como a clorofila era unha substancia que lle daba cor verde ás plantas e como captaba a enerxía da luz solar. Mentras esto sucedía outros compoñentes da clase ían a actividades programadas pola organización de Pontenciencia. Mañá intervirán as familias e darán os premios. A ver se por un casual nos toca un premio. Nun principio axudounos a profesora Pilar,logo tivo que marchar.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Mércores, Xuño 01st, 2016 | Author:

DSC00278Hoxe ás 10, con algo de retraso por culpa de Lérez,  fomos facer á visita anual do Instituto da Xunqueira I. Cando chegamos os de Pontevedra xa levavan un bo anaco os de Campolameiro visitando o Instituto. Recibiunos moi amablemente a Orientadora e explicounos como se vai desenvolvera a vida de calquera alumno/a de 1º do vindeiro curso e as actividades ás que se podía anotar. Tamén fixemos un exercicio co gallo do club de lectura “A Esmorga” consistente nun test con diferentes apartados que tiñan que cubrir oa alumnos/as que leran o libro proposto que non era outro que “Mil cousas poden pasar”  de Jacobo Fernández. Houbo premios e agasallo dun diploma.  Logo viñemos por Lérez e logo a Campañó.

Todas as fotos AQUÍ

Category: aula, Sen categorizar  | One Comment
Venres, Maio 27th, 2016 | Author:

DSC00141Todas as cidades europeas tiveron o seu primeiro ensanche da cidade despois de derrubar a muralla medieval no século XIX. Pontevedra tamén, e correu a cargo do arquitecto Sesmero que fixo varios edificios fermosísimos nos arredores da casa do concello. Diseñou e construíu o edificio actual do Concello cunha escalinata interior igual que a da alameda que tamén diseñou  e leva o seu nome. O edificio da Diputación coa súa fermosa escalinata, o palacete das Mendozas, o edificio que foi Delegación de Educación, o colexio que está no xardín “das Palmeiras” e que agora pertence ao Ministerio de Defensa.   O segundo ensanche  xa foi no medio do século XX e o terceiro supón unha reorganización da cidade a partir de sustitución da antiga estación do  ferrocarril por unha nova (1966)  cun novo trazado da vía para que non estorbe a expansión da cidade. Aínda que  os ensanches máis famosos e sonados foron os de Barcelona co trazado hixiénico en diagonal ou o de Madrid na Cidade Liñal,  Pontevedra tamén deu cabida a sedimentación dos emigrantes do campo, neste caso as aldeas, en moitos lugares que corresponden aos sucesivos ensanches. Deso tratou a nosa saida do 20 de maio.

Todas as fotos AQUÍ

 

Category: Sen categorizar  | Comments off
Xoves, Maio 05th, 2016 | Author:

P1150105Se puxestes xestas no garaxe ou no coche saberedes que pasaredes un maio sen amaiar. Fomos ata Berlín ou non? falamos con xente que vive e estuda alá? Tamén tiñamos á nosa Cristina en Londres coa súa familia e o Támesis. A primeira nova deste maio de 2016 é que Campañó gañou no Concurso de Maios de Pontevedra o 1º premio ao mellor maio. A segunda nova é que onte viñeron Josinho  e  Quique e ensináronnos,  na 2ª sesión de regueifas, as rimas en asonante e consonante das coplas populares de 8 sílabas e a súa confección. Tamén falamos por videoconferencia con Sol Mcuman en Berlín.  Houbo una sorpresa moi grande, Palmira, que non podía faltar, fíxonos pan artesán, como se facía antes. Coceu e amasou  cadanseu bolo, para 45 que eramos na videoconferencia, (Cos de Lérez e Xeve) veu a Campañó sen durmir. Pasou a noite en branco para nos facer pan e dárnoslo.

Todas as fotos AQUÍ

Category: aula  | 6 Comments