Archive for the Category » Película «

Luns, Abril 04th, 2016 | Author:

la vida es bellaOnte rematamos de ver a película “Bailando con lobos”. Moi emotiva, sobre todo ese gran final.  Comezamos outra que creo que é tan fermosa como a anterior e é ben coñecida. Trátase de:  “La vida es bella” o conto  antinazi de Roberto Benigni. Si amiguiños/as a pesar dos pesares a vida é bela. Escoitase “princesa” por todas partes. Non se ve unha pinga de sangue nin está presente a morte como na realidade real en toda a película que ademais ocorre no lugar máis terrible que se coñece dos nazis: un campo de internamento de xudeos onde morrían todos os días decenas de homes e mulleres. Ten dúas partes ben diferenciadas: a cómica e a tráxica. Pero mesmo a parte tráxica é moi levadeira porque Güido (Benigni) faina cómica coa complicidade dos presos do campo. A película é marabillosa. Ten moito tipo de planos e recursos narrativos preciosos. Ten dúas elipses impresionantes. E un final, non por  moi agardado, nada feo e ben filmado. Faremos unha ficha de observacións da película. Medio mundo quedou prendado desta película.
A seguinte película que veremos será de debuxos animados e xaponesa dos sonados estudos “Ghibli”. Demostraremos que os debuxos animados non son só para nenos pequenos. Poden tratar calquera tema.

.”

Category: Película  | 4 Comments
Martes, Outubro 27th, 2015 | Author:

titanesSi xa vimos “Titanes, hicieron historia” (2000) de  Boaz Yakin con tema sobre o racismo e “Viaje alucinante” (1966) de Richard Fleischer sobre o interior do corpo humano e en concreto sobre o sistema circulatorio. Hoxe a primeira hora comezamos coa historia do cine visionando na aula de informática a película muda de Charles Chaplin de 1921 “The Kid” (O neno), impresionante de guión,  realización, montaxe e expresividade, sen palabras. Os nenos e nenas de 6º riron a cachón. Con outro mundo como entorno e outros recursos, 90 anos despois, Charlot segue facendo rir e pensar.

Así con dez películas mais durante este curso.

Category: Película  | 4 Comments
Martes, Decembro 23rd, 2014 | Author:

star trekO derradeiro día de cole do ano 2014, os de 6º e os de 5º vimos unha película da serie Star Trek. O filme de 1982 describía as viaxes interestelares, entre estrelas, nunha nave preparada para iso no século XXIII: a Interprise. A trama da peli fai que a tripulación aterre nun exoplaneta donde unha médico famosa está facendo uns experimentos sobre a vida. Vimos como está filmado o paso da velocidade normal á velocidade da luz cunha especie de corremento das luces que deixa un ronsel de luz azulada sen verse a nave. Pero non todo era tecnoloxía e coñecemento de enxeñaría, tamén había tempo para os valores e os comportamentos morais. Vimos como unha personaxe só usaba a vinganza como forma de relación e como, noutra parte da película,  era preciso o contacto físico como expresión de afecto ou como despois da súa morte se espallaban as  cinzas de Spock polo que fora sempre a súa vivenda: o espazo..

Category: Película  | One Comment
Martes, Novembro 25th, 2014 | Author:

O venres día 21 de novembro comezamos a ver a película “Gravity” no tempo do Plan Lector. Vimos os 14 primeiros minutos.  O profe explicounos que unha das cousas máis espectaculares do espacio e a falta de gravidade. E esto está moi ben filmado en Gravity. Non é unha peli de violencia, aínda que ten escenas moi violentas. Non é unha peli de medo aínda que ten escenas de temblar. É unha peli de sentimentos de superación. O profe di que leu que era unha obra mestra do cine. Foi dirixida polo mexicano Alfonso Cuaron que agardou varios anos a que a técnica cinematográfica avanzara e poidera darlle a posibilidade de filmala sobre todo os impresionantes efectos de gravidade 0. De aí o título da película. Hai un momento en que a doctora Stone, coa Terra ao fondo di que está acostumada a traballar nun laboratorio onde “todo cae“. No espazo debido a ausencia de gravidade ou gravidade 0 nada cae (nin flota, nin voa, non cae que é completamente distinto). Logo falamos na clase da peli. Para ninguén foi indiferente. 

Aquí abaixo no vídeo de Youtube podedes ver algo de como foi a técnica de filmación da película.

 

Category: Película  | 5 Comments