Archive for the Category » saídas «

Xoves, Xuño 09th, 2016 | Author:

DSC00456.redimensionadoHoxe, día 8 de xuño de 2016, fomos de novo a Xeve en taxi, que para nós resulta moito máis barato que o autobús. Por suposto que o protagonista é Manuel Antonio, o poeta. Manuel Veiga, o seu biógrafo que viña de Vigo,  fixo unha exposición moi breve da vida de Manuel Antonio. Logo fíxonos ler moitos dos seus poemas que constan na xúa biografía e que forman parte do acertada e atinada que é para estas idades. Cando chegamos ía emitir Onda 0 e desde a mesa falounos un famoso rapero ou cantante de  hip hop que  forma  parte do grupo “Dios ke te Crew” e chámase García MC. Moi asisado e moi sabio para a  pouca idade  que ten. Despois da charla de García fomos a amplio patio que teñen os de Xeve. Logo entramos para escoitar a Manuel Veiga. Viñémonos de esta estupenda mañá para a nosa casa, o colexio de Campañó.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Xoves, Xuño 09th, 2016 | Author:

DSC00436O sábado día 4 tamén estivemos en Pontenciencia.Era o día das investigacións que fan as familias. Fóra, había unha especie de maratón para gladiadores pero nós fomos a Pontenciencia.  Non perdemos a mañá pois vimos unha familia que adaptaba o linguaxe de programación Scratch (que demos o ano pasdo) a placas Arduino. O noso profe tomou nota e falou coa familia para recabar datos. Tamén puidemos ir a todas as actividades que onte non puideramos ir. Logo deron os premios e a nós correspondeunos un accesit de 100 € que por suposto vai ir en forma de libros para a nosa Rufiteca. Por último houbo un pincho con zume ou auga e para casa ata o luns.

Grazas ao Concello polos desvelos e o transporte a Saleta, Purificación e Vanesa que nos distintos campos estiveron a altura adecuada.

Todas as fotos deste día AQUÍ

Category: saídas  | Comments off
Venres, Xuño 03rd, 2016 | Author:

DSC00330Estivo moi ben que os nenos e nenas de 6º do CEIP Parada-Campañó expuxeran aos xuíces e ao público, a súa investigación das follas “paneis solares das plantas”. Explicaron como a clorofila era unha substancia que lle daba cor verde ás plantas e como captaba a enerxía da luz solar. Mentras esto sucedía outros compoñentes da clase ían a actividades programadas pola organización de Pontenciencia. Mañá intervirán as familias e darán os premios. A ver se por un casual nos toca un premio. Nun principio axudounos a profesora Pilar,logo tivo que marchar.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Mércores, Maio 04th, 2016 | Author:

P1150063Onte fomos con Saleta a bióloga, unha becaria experta en mamíferos, o especialista en bolboretas que fixo o estudo sobre as bolboretas no ENIL e María a do Concello a ver as Xunqueiras do Alba. Despois de dúbidas de encontro con Ponte Magueiro e Pontecabras comezamos e descubrimos moitas cousas: os fiúnchos con que se fan os maios, a  vexetación e o estreitamento das Xunqueiras, o cambio de salinidade e as adaptacións que teñen que facer os animais e as plantas, as cores brillantes de algunhas flores para chamar a atención dos insectos para ser polinizadas,  como pode ser enganada a enorme territorialidade  dos paporrubios cun móbil, a existenza de orquídeas no espazo protexido, o estudado que está o ENIL, e moitas máis cousas que aprendemos deste paraiso. Vimos tamén tres peregrinas de Noruega que ían de Porto a Compostela e varios militares medindo cun hodómetro… chegamos andando ao cole, algo cansos, pois o día saiu moi bo e ía moita calor.

Todas las fotos AQUÍ

Category: saídas  | 4 Comments
Martes, Maio 03rd, 2016 | Author:

P1140896Xa sei que diredes QUE SE NOS PERDEU EN XEVE? Pois fomos  en taxi a recibir o 1º obradoiro de Regueifas a cargo de Josinho e Quique . Eran unha marabilla rimando improvisadamente sobre a situación presente. Dixéronnos que a Regueifa é de procedencia árabe e consiste nun pan de voda. Tamén dixeron que non hai cultura humana que non improvise cantando coplas.  Desde Cuba a Andalucía ou Murcia ou os negros americanos co sue rap. Aquí os galegos, era cousa de homes, improvisaban sobre a situación e con certa retranca ( que é o que nos distingue). E gañaban a regueifa. Co tempo chamáronlles regueiferos aos que cantaban improvisadamente as coplas.  Dixéronnos  que improvisan é en copla popularde catro versos de oito sílabas ( octosílabos) deixando en branco o primeiro e o terceiro verso e rimando os pares en consonante ou en asonante, os nenos e nenas depois de explicalo de novo entendérono. Interesantísimo. Virán outro día ao noso cole.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | One Comment
Luns, Maio 02nd, 2016 | Author:

P1140945Hoxe moi cedo fomos a Pontevedra en autobús . Fomos á Ferraría. a participar en Correlingua. Só tivemos que levar a autorización pois o autocar que nos levou e nos trouxo foi de balde (pagouno a organización). Alá levamos as nosas pancartiñas, cos nosas palabras en galego os de 1º,2º 4º e 6º de Primaria de Campañó. Na praza da Ferraría agardaba no palco os tres membros de Talía teatro que presentaron logo fomos facer o percorrido pola rúas de Pontevedra levando a nosa mensaxe de lingua. saímos da: Praza da Ferraría, e fomos por Rúa San Román, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, Rúa Serra, Rúa San Xulián, Praza Real, Rúa Ponte, Rúa de San Nicolás, Praza Cinco Rúas, Rúa Paio Gómez Chariño, Rúa Bastida, Rúa Michelena, Porta Trabancas, Praza da Ferraría. Nela un grupo de rock bravú moi movido que se chamaba Grupo Cantalingua: Livio de Marrao actuaron despois de seren presentados formalmente por Talia Teatro. Despois houbo os agasallos de libros das librarías para os colexios, o saúda do concelleiro e o organizador e a agardada solta de globos grandes que se perden no ceo como una esperanza de futuro e levan as intencións de pervivencia da nosa lingua onde queiran os ventos para que logo algún cantante diga que “a reposta está no vento”.

Todas as fotos AQUÍ

Category: saídas  | 2 Comments
Luns, Abril 04th, 2016 | Author:

salon do libroOs de 6º fomos ao XVII  Salón do Libro Infantil e Xuvenil en dous taxis. Non era para menos con ese cartelazo de María Álvarez “Yupiyeyo”.  Catro co profe nun e tres noutro taxi. Chegamos ben de tempo. E tíñanos preparado un obradoiro de Ciencia adicada aos bichos máis comúns que atacaron de sempre os nosos alimentos máis coñecidos, como o millo as fabas, os piñeiros ou os repolos. As dúas rapazas da Misión Biolóxica, Pilar e Ana, e por tanto pertencentes ao CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), foron moi competentes en coñecementos e uso de instrumentos, explicaronnos que as plantas que nós comemos tamén son desexadas por outros “bichos” e como este ano o Salón vai de bichos ven a conto investigalos cientificamente. Estaban armadas  de lupas binoculares, lupas normais e mostras resgardadas de toda canta bichería iamos investigar en placas de Petri. Vimos pola lupa vermes que se convertirían en volvoretas ou abelaíñas e gurgullos coa súa portentosa boca.A radio Galega fíxolle unha entrevista a tres rapaces e escoitouiso no Diario Cultutal ás 15: 15. Explicáronnos a metamorfose dos insectos e invitáronnos a investigar algunha larva dentro dun bote. Concluímos que todos os alimentos en forma de planta son desexados por moitos animais.
Logo o monitor Poldo nos levou a ver a exposición de traballos do Salón.”Flipamos”. Estaba todo decorado con motivos das ilustracións do libro de Ledicia Costas  “As peripecias de Extravaganzza Pérez”que nos invitou a ler. Tamén nos convidou  e a vir pola tarde ao Salón que segue habendo moitas actividades. Viñemos, de novo nos taxis, para o Colexio e aínda  fomos á clase de plástica.

TODAS AS FOTOS AQUÍ

Category: saídas  | 6 Comments
Xoves, Marzo 03rd, 2016 | Author:

P1140395Hoxe fomos á ópera. Grazas ao labor da profe de música deste guillermo tellano, Andrea.  Fomos a unha ópera importante, pero de balde. A ópera era Guillermo Tell. A música tocada e cantada, en directo, polo grupo catalán “La Baldufa” que fixo unha adaptación da histórica ópera de Rossini e convertiu as 4 horas de fantástica música en 65 minutos, nun gran alarde de imaxinación musical.

A ningún rapaz ou rapaza da nosa aula de 6º lles gustou.  Dixeron na aula as súas razóns.

Aburrida e para nenos pequenos, foron os seus principais  argumentos.

Todas as fotos aquí

Category: saídas  | 2 Comments
Luns, Novembro 16th, 2015 | Author:

cogomelo1Mañá día 17 de outubro de 2015 (esta saída aprazouse polo tempo para o martesP1130515 24) fomos como todos estes últimos anos a buscar cogomelos. Acompañounos Amancio que primeiro nos explicou algo dos cogomelos no colexio e logo fomos Montecelo arriba a buscar os preciados cogomelos. Despois de chegar do monte fixemos unha pequena exposición no cole cos cogomelos recollidos.. Fomos de recollida 1º,3º 4º e 6º e volvimos para a derradeira clase así tamén nos deu tempo de comentar o que fixemos. Temos guías de cogomelos na clase e un libro interactivo (lim) no blog que practicamos hoxe e que hai que buscar co buscador do propio blog.

AQUÍ TODAS AS FOTOS

Category: saídas  | One Comment
Mércores, Outubro 21st, 2015 | Author:

P1130349Como todos os últimos anos onte día 20 de outubro fomos á casa de Pepe, pois ten unha finca-horta-xardín onde se ve moi ben o outono e os seus froitos. Ensinounos todo, como sempre, moi ben: os castiñeiros,  as árbores froiteiras e as abellas… Este ano houbo unha novidade moi novidosa. Pepe apareceu no seu garaxe tocando un acordeón de teclas e deleitounos con dúas cancións.

AQUÍ TODAS AS FOTOS

Category: saídas  | 7 Comments