Archive for the Category » viaxes de alumnos/as «

Venres, Setembro 12th, 2014 | Author:

O día 26 de xullo do 2014 fun cos meus país ao Algarve.

O hotel chamábase Riverside. Estaba situado nunha parte do Algarve chamada Ferragudo.

A primeira noite fomos dar un paseo a Portimao e alí había moita xente e moitos postos de xoias, roupa, cousas feitas coa madeira, pintores…

Ao día seguinte fomos a un parque acuático e alí estivemos todo o día e pasámolo xenial.

O seguinte día subimos a un barco para ver unhas impresionantes grutas dende o mar de nome Ponte da Piedade. Disfrutamos moito coa paisaxe que vimos.

O cuarto día fomos pasar o día en Tavira que era unha vila cunha illa. Alí fixéronme un retrato moi chulo.

E finalmente, o quinto día deunos por visitar unha vila moi pero que moi famosa chamada Nazaret. Alí visitamos a igrexa, fomos ao miradoiro… desde alí vimos o telesférico e a praia con moita xente.

E despois tocoume aguantar a longa viaxe de volta.

Laura 5º